_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Papa Noel e os Reis Magos chamarán a cada neno e nena de Vilagarcía que elabore unha postal de Nadal e a remita ao Concello

Nin a pandemia, nin os peches perimetrais ou as normas de protección contra o COVID impedirán que os nenos e nenas de Vilagarcía poidan tamén este Nadal ver e falar con Papa Noel e os Reis Magos. Ademais, poderán facelo comodamente, sen saír das súas casas e de forma totalmente persoal e individualizada, mediante vídeo conferencia en directo con Santa Claus ou as Súas Maxestades de Oriente. O único requisito para que estes entrañables personaxes os chamen é que terán que elaborar unha tarxeta de Nadal e remitila ao Concello, segundo o procedemento acordado entre a Concellería de Xuventude as casas reais de Melchor, Gaspar e Baltasar e o servizo de protocolo do obradoiro de Santa Claus en Laponia. A data límite de recepción de tarxetas é o 15 de decembro.
05.12.2020.- Con este orixinal Certame de Creación de Tarxetas de Nadal, o departamento que dirixe Alba Briones garante que os nenos e nenas de Vilagarcía de idades comprendidas entre os 3 e os 9 anos poidan manter esta esperada cita anual cos Reis Magos e Papal Noel e conversar directamente con eles.
O procedemento a seguir é elaborar a tarxeta de Nadal a través de técnicas de debuxo, pintura ou collage, aconsellándose a utilización de elementos e motivos propios destas festas e tamén de elementos os escenarios típicos de Vilagarcía. Os traballos deben ser orixinais e incorporar valores propios do Nadal: solidariedade, familia, amizade, así como outros relacionados co respecto ao medio ambiente, protección da natureza ou ecoloxía. Na tarxeta poderá incluírse un título ou frase alusiva ao Nadal.

Cada neno só poderá presentar unha única postal que deberá fotografar e mandar o arquivo ao correo electrónico omix@vilagarcia.gal indicando no “asunto” o título “Certame de Tarxetas de Nadal” e engadindo os datos persoais do neno participante, do adulto responsable e o nome do personaxe co que queren contactar (ou Papa Noel ou os Reis Magos). O prazo para recibir as postais remata o 15 de decembro.

Todos os participantes inscritos correctamente recibirán unha mensaxe co día e hora da chamada, e enviaráselles a clave de acceso á plataforma a través da cal se realizará a vídeo conferencia.

As bases do certame, nas que aparecen os requisitos de participación e o procedemento de inscrición poden consultarse no taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.gal .

A maiores de facilitar a viodeoconferencia cos Reis pu Papa Noel, ao ter que deseñar e realizar unha tarxeta de felicitación de Nadal como sistema de inscrición, proporciónase aos nenos e nenas unha opción de ocupación do tempo libre e foméntase a súa creatividade e imaxinación.

Bases:
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -