_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
O costume de reciclar mantívose ao alza en Vilagarcía no 2020 ao terse incrementado case un 4% a recollida selectiva de lixo

Os vilagarciáns contribuímos cada vez máis ao san costume de reciclar. Así o corrobora a memoria anual do servizo de recollida selectiva que presta a firma Coregal presta para o Concello de Vilagarcia ao encargarse do baleirado e xestión dos residuos recuperables do contedor amarelo para envases lixeiros e do azul de papel. Segundo as estatísticas conxuntas destes materiais, a recollida selectiva elevouse case un 4% en 2020 respecto ao exercicio anterior, con mellores resultados no depósito amarelo -para a recollida de bricks, latas e envases e botellas de plástico e PVC- que no de azul para cartón.
15.01.2021.- A suma total dos desperdicios recuperados en Vilagarcía nestes dous apartados en 2020 ascendeu a 1.350.450 quilos, 48.590 máis que o pesado o ano anterior, o que supón o mencionado incremento de case catro puntos (3,73% en concreto).

De forma individualizada, a evolución foi dispar, xa que mentres que se recuperou un 4,9% menos de papel; a cantidade de envases lixeiros medrou un 11,5%, incremento que compensa os totais, que continúan sendo positivos.

En termos absolutos, os vilagarciáns recuperamos o ano pasado 585.640 quilos de papel e cartón, 30.720 menos que en 2019. Pola contra, nos últimos doce meses sumamos 79.310 quilos á bolsa de envases lixeiros, na que acumulamos un total de 764.810 quilos de latas, envases de plástico, bricks e botellas de PVC.

Dada a singularidade do ano que vimos de despedir, cun confinamento de dous meses de duración e con paralización das actividades consideradas non esencias, cómpre fixarse nas estatísticas mensuais a efectos de comprobar como estas circunstancias incidiron na recollida re residuos urbanos, neste caso nos relativos aos dos contedores amarelo e azul.

Por exemplo, marzo, abril e maio (coincidindo co confinamento) foron os meses nos que se rexistraron os mínimos de recollida de cartón con 44.380, 37.160 e 38.340 quilos respectivamente, fronte a xaneiro, xuño e decembro nos que se rexistraron os máximos anuais con 57.500, 53.780 e 54.560 respectivamente.

O comportamento da recollida do contedor amarelo tamén foi diferente neste caso, xa que o máximo anual produciuse no mes de abril, precisamente no período central do confinamento, con 72.180 quilos de envases lixeiros recuperados, seguidos de agosto e decembro con 68.030 e 68.070 quilos. Bno extremo contrario, os mínimos rexistráronse no mes de febreiro, con 55.040 quilos e de maio, tamén en período de confinamento, con 56.730 quilos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -