_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
O Conservatorio e a Escola de Música pasan a impartir as clases de forma telemática ata o 17 de febreiro

O Conservatorio Municipal de Música de Vilagarcía e a Escola Municipal “Bernardo del Río” suspenden a partir de hoxe as clases presenciais como consecuencia das novas restricións aplicadas pola Xunta de Galicia para as vindeiras tres semanas. As clases seguirán impartíndose en ámbolos dous centros de forma telemática ata o 17 de febreiro, día no que remataría o período vacacional de Entroido.
27.01.2021.- Os Conservatorios de Música, como as Escolas Oficias de Idiomas, son centros oficiais de ensino regrado, igual que colexios ou institutos. O que os diferenza destes é que as súas ensinazas non son obrigatorias. Por esta razón, o tratamento que o comité clínico dou para Conservatorios e Escolas de Idiomas para as vindeiras tres semanas difire do que teñen colexios e institutos, cuxas clases mantéñense de forma presencial. A razón é que Conservatorios e Escolas de Idiomas aglutinan a estudantes de diferentes municipios e, nuns momentos nos que se limita ao máximo a mobilidade e no que todos os concellos de Galicia están pechados perimetralmente para tratar de frear a expansión da Covid, o máis oportuno é evitar que estes alumnos se despracen, mais cando moitos teñen que facelo acompañados por familiares adultos.
Aínda que a norma solo afectaría ao Conservatorio, o Concello considerou oportuno aplicala tamén á Escola Municipal de Música.

O Conservatorio Profesional de Vilagarcía conta este curso con 115 alumnos. Aínda que o curso comezou con clases presenciais, dende o principio estivéronse poñéndose en práctica as sesións a través da aula virtual como formación complementaria. Grazas a isto, alumnos e docentes están perfectamente afeitos á utilización deste medio. O centro adheriuse este curso ao proxecto de webs dinámicas da Consellería de Educación e conta coa plataforma MOODLE para as aulas virtuais. A maiores, tamén utilizarán o sistema da video conferencia. O paso ao ensino telemático non suporá máis cambios para o alumnado que o propiamente dito, posto que os horarios das clases mantéñense tal e como estaban, solo que en lugar de recibilas na sede do centro, as recibirán na casa.

No caso da Escola Municipal de Música “Bernardo del Río”, os 364 alumnos cos que conta o centro serán contactados por parte dos seus respectivos mestres para adecuar os horarios das sesións ás necesidades e horarios das familias, dado que moitos son nenos e nenas de corta idade que poden precisar axuda de adultos para as conexións. O sistema será similar ao utilizado durante o confinamento do ano pasado, dando as maiores facilidades ao alumnado para continuar coa súa formación.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -