_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Vilagarcía traslada o Entroido ás redes cun certame de máscaras e unha choqueirada virtual

Como o resto das celebracións e festividades dos últimos meses, o Entroido deste ano en Vilagarcía adáptase ás circunstancias impostas pola pandemia cunha edición especial a través das redes sociais. Sen perder de vista o obxectivo principal de protexer a saúde da cidadanía, pero tamén para manter viva a tradición do Entroido e tratando de contribuír a elevar o estado de ánimo da poboación, a Concellería de Cultura organiza un Certame Virtual de Máscaras e unha Choqueirada Virtual. Os traballos e disfraces difundirasen polas contas do Concello en Facebook e Instagram.
02.02.2021.- O Certame Virtual de Máscaras está destinado ás familias que teñan rapazada de 3 a 12 anos. O certame xoga co dobre sentido da palabra máscara en galego, que se refire tanto á típica careta de Entroido, como ás máscaras sanitarias que estamos obrigados a usar debido á pandemia. Por iso, os traballos a realizar polos participantes poderán abordar calquera destas dúas modalidades. O formato é totalmente libre, igual que os materiais a utilizar, co obxectivo de fomentar a creatividade e orixinalidade dos traballos. Unha vez se teñan confeccionadas as máscaras, deberán sacarlle unha foto e remitila, xunto coa solicitude de inscrición debidamente cuberta, ao correo info.cultura@vilagarcia.gal . O formulario de inscrición pode obterse a través do taboleiro de anuncios de http://www.vilagarcia.gal e da sede.vilagarcia.gal
O prazo ábrese mañá e remata o día 10 de febreiro.

As fotografías enviadas polos participantes serán difundidas nas redes sociais do Concello entre o 13 e o 16 de febreiro, é dicir entre o sábado e o martes de Entroido.

Ao tratarse dun certame, a actividade non ten carácter competitivo e polo tanto non se establecen premios. Pero todos os participantes recibirán de agasallo un exemplar dunha edición especial de Os Bolechas. O conto recollerá nunha parte o Entroido tradicional galego e noutra fará referencia á celebración de Vilagarcía. A Concellería de Cultura contará cunha tirada de 1.000 exemplares.

Os participantes poderán pasar polo Auditorio a recoller o seu libro entre o 18 de febreiro e o 30 de abril en horario de atención ao público, un prazo amplo para garantir que todos teñan tempo para levarse o agasallo e sen que se produzan aglomeracións.

“Historias” de choqueiros en Instagram

A Concellería de Cultura de Vilagarcía leva xa uns anos tratando de promocionar ao choqueiro, a figura típica e tradicional do Entroido máis popular de Galicia. Este ano tamén o fará, elevándoo ao protagonista de Instagram. Os interesados en participar na Choqueirada Virtual organizada polo Concello terán que disfrazarse nas súas casas e colgar nas súas contas de Instagram unha “historia”incluíndo nela a etiqueta @vilagarciaviva. Poden subir foto, video ou gifs dos choqueiros. Posteriormente o Concello compartirá no seu perfil as historias de choqueiros máis divertidas ou orixinais, tendo sempre presente que so se admiten disfraces de choqueiro. Esta difusión farase tamén entre o 13 e o 16 de febreiro sempre

Chamamento á participación neste Entroido na casa

Pese á necesidade de reducir ás celebracións a estes dous certames virtuais, a concelleira de Cultura, Sonia Outón, fai un chamamento á participación dos vilagarciáns. “Na situación sanitaria na que nos atopamos, toca vivir un Entroido na casa, dado que as actividades masivas e nas rúas son totalmente inviables a día de hoxe. Pese a todo, a Concellería pon as plataformas virtuais a disposición da cidadanía para crear un lugar de encontro seguro no que a veciñanza comparta esta celebración tan nosa e para que o Entroido non pase desapercibido. Por iso, e para que o ánimo non decaia, esperamos que sexan moitos e moitas os vilagarciáns que se animen a participar nestes certames”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -