_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O confinamento e a pandemia pasan factura aos desprazamentos en transporte urbano e ao uso do Vaibus!

O confinamento e a pandemia tamén pasaron factura aos desprazamentos en transporte urbano realizados o ano pasado en Vilagarcía e, consecuentemente, na utilización do Vaibus! De feito, as viaxes realizadas en 2020 co abono transporte subvencionado polo Concello reducíronse case un 46% respecto ao exercicio anterior. Así o confirma a memoria anual do servizo facilitada pola empresa Pereira, concesionaria do transporte urbano a través do Grupo Abalo. Maila a excepcionalidade dese ano, as expectativas sobre o Vaibús! continúan sendo positivas de cara ao futuro, como o demostra que o Concello emitise o pasado mes de setembro 1.000 novas tarxetas ao terse esgotado as 2.000 postas en circulación a mediados de 2016, cando se inaugurou o abono transporte municipal.
05.02.2021.- O paro da actividade produtiva non esencial xunto á imposibilidade de saír da casa primeiro, e as restricións sanitarias e o propio medo da xente despois, foron as causas lóxicas da caída do uso de transporte público en xeral, situación que se deixou notar por igual tanto nas viaxes con billete convencional como nas abonadas a través do Vaibus!

Tamén ten que ver nesta evolución que o transporte urbano veu reducidos os seus servizos nun 50% dende o inicio do Estado de Alarma –dende o 17 de marzo, en concreto- ata o 21 de xuño, restablecendo o 100% dos horarios habituais a partir dese momento. A maiores, a redución de aforos tamén se aplica ao transporte colectivo conforme normativa sanitaria, o que limita moito o número de viaxeiros.

Tendo en conta a situación debuxada, as 141.099 viaxes realizadas en 2019 co bono transporte municipal, caeron ata as 75.288 do ano da pandemia (un 46% menos), mentres que a recarga das tarxetas pasou das 3.660 ás 2.244 (un 39% menos).

Unha evolución similar deuse no outro billete subvencionado polo Concello, o Vaibus+ para os desprazamentos aos Hospital do Salnés. No 2020 realizáronse 4.590 servizos menos ao centro sanitario que o ano anterior (unha redución do 40%), consecuencia tamén da supresión temporal de certas consultas ou servizos e aos protocolos de seguridade establecidos.

Maila a excepcionalidade deste ano de pandemia, o certo é que o VaiBus! tivo unha excelente acollida por parte dos vilagarciáns que ven no abono municipal un xeito de acceder e facer maior uso do transporte público colectivo a un prezo máis alcanzable, grazas á subvención municipal. Mediante esta axuda, os titulares da tarxeta Vaibus! poden realizar viaxes ilimitados durante todo un mes polo módico prezo de 20 euros.

Crecemento constante ata a chegada do COVID

O éxito da iniciativa ven avalado polas estatísticas, xa que, dende que se puxo en marcha evolucionou en constante crecemento. No período inmediatamente anterior a este- no ano 2019- as viaxes realizadas con bono municipal incrementáronse un 15,5% respecto ao ano anterior pasándose das 122.079 de 2018 ás 141.099 de 2019. O número de recargas medrou no mesmo período un 9,5%, pasando de 3.287 a 3.680.
Paralelamente, gasto realizado polo Concello no Vaibus! foise incrementando, pasando dos 21.800 euros do primeiro ano, aos 45.000 de 2020.

Outro dato que demostra a boa acollida do VaiBus! é que a mediados do pasado ano xa se tiñan esgotado as 2.000 tarxetas emitidas inicialmente polo Concello, é dicir, que 2.000 vilagarciáns contan coa tarxeta Vaibus!, que van recargando en función das súas necesidades. En vista disto, o Concello emitiu en setembro 1.000 tarxetas máis para ir cubrindo as novas altas que se poidan ir producindo.

Mobilidade e vertebración do municipio

A creación do abono transporte municipal foi unha iniciativa adoptada polo goberno local a través da Concellería de Mobilidade co obxecto de promover o uso do transporte público no municipio. A medida, que ten claros beneficios medioambientais ao reducir as viaxes en vehículos privados e, con iso, as emisión de gases a atmosfera, tamén contribúe a aliviar a fluidez do tráfico rodado. Pero tamén ten beneficios sociais, posto que co abono subvencionado con viaxes ilimitadas durante todo o mes, tamén se facilita unha maior autonomía das persoas maiores ou da xuventude, que xa non ten que depender de familia ou amigos para que os leven dun lugar a outro do municipio cada vez que queren visitar a alguén, acudir a actividades lúdicas, deportivas ou sociais, ou simplemente a realizar compras, xestións ou a ir ao médico. Deste xeito tamén se facilita a integración e a intercomunicación entre as zonas do rural e a periferia co centro urbano.

Isto conséguese grazas á achega municipal xa que a tarxeta VaiBús! permite ao seu titular usar de xeito ilimitado as liñas de autobús urbanas durante un mes enteiro por só 20 euros. O módico prezo do abono é posible grazas á subvención municipal que aporta 10 euros por cada tarxeta. A tarxeta é permanente, polo que o usuario pode recargala cada mes ou so aqueles meses que o precise.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -