_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Cultura recibe o libro dos Bolechas co que agasallará aos participantes no Certame Virtual de Máscaras de Entroido

A concelleira de Cultura, Sonia Outón, recibiu esta mañá, os 1.000 exemplares do último libro de Os Bolechas, o dedicado ao Entroido de Vilagarcía de Arousa. Este conto será o que reciban como agasallo os nenos e nenas que participen no Certame Virtual de Máscaras que organiza este ano a Concellería para manter o tradicional Carnaval incluso en tempos de pandemia. Para que os interesados dispoñan de máis tempo para confeccionar as súas máscaras de Entroido, o prazo de presentación dos traballos amplíase ata as 12 da noite do domingo, 14 de febreiro. Tamén se organiza unha Choqueirada Virtual aberta a todos os vilagarciáns. Os traballos e disfraces difundirasen polas contas do Concello en Facebook e Instagram durante a semana de Entroido.
09.02.2021.- O Certame Virtual de Máscaras está destinado ás familias que teñan rapazada de 3 a 12 anos. O certame xoga co dobre sentido da palabra máscara en galego, que se refire tanto á típica careta de Entroido, como ás máscaras sanitarias que estamos obrigados a usar debido á pandemia. Por iso, os traballos a realizar polos participantes poderán abordar calquera destas dúas modalidades. O formato é totalmente libre, igual que os materiais a utilizar, co obxectivo de fomentar a creatividade e orixinalidade dos traballos. Unha vez se teñan confeccionadas as máscaras, deberán sacarlle unha foto e remitila, xunto coa solicitude de inscrición debidamente cuberta, ao correo info.cultura@vilagarcia.gal . O formulario de inscrición pode obterse a través do taboleiro de anuncios de http://www.vilagarcia.gal e da sede.vilagarcia.gal

Os participantes poderán pasar polo Auditorio a recoller o seu libro dos Bolechas entre o 18 de febreiro e o 30 de abril en horario de atención ao público, un prazo amplo para garantir que todos teñan tempo para levarse o agasallo e sen que se produzan aglomeracións.

A Concellería de Cultura de Vilagarcía leva xa uns anos tratando de promocionar ao choqueiro, a figura típica e tradicional do Entroido máis popular de Galicia. Este ano tamén o fará, elevándoo ao protagonista de Instagram. Os interesados en participar na Choqueirada Virtual organizada polo Concello terán que disfrazarse nas súas casas e colgar nas súas contas de Instagram unha “historia”incluíndo nela a etiqueta @vilagarciaviva. Poden subir foto, video ou gifs dos choqueiros. Posteriormente o Concello compartirá no seu perfil as historias de choqueiros máis divertidas ou orixinais, tendo sempre presente que so se admiten disfraces de choqueiro. A difusión farase tamén durante a semana de Entroido.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -