_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
Os alumnos do Labora Xoven inician as prácticas con traballos de mantemento nos parques de A Coca e O Castriño

Os alumnos do módulo de Instalacións e mantemento de zonas verdes e aproveitamento forestal que se está a impartir no marco do obradoiro de emprego Labora Xove 20 están a desenvolver traballos de campo nos parques da Coca e do Castriño. Estas labores forman parte da formación práctica prevista no programa e consiste na realización de traballos de mantemento e conservación destas dúas zonas verdes de titularidade municipal. Pola súa banda, os alumnos do módulo de Socorrismo acuático e goberno de embarcacións de salvamento continúan coa formación teórica ata que reabra a piscina municipal, pechada polas restricións sanitarias que rexen en toda Galicia por mor do covid.
10.02.2021.- En total son 16 os mozos e mozas (8 en cada módulo) que participan na actual edición do Labora Xove, un proxecto promovido polo Concello de Vilagarcía de Arousa que se inclúe no Programa Operativo de Emprego Xuvenil financiado a través do Fondo Social Europeo.
O obradoiro comezou a impartirse o 2 de novembro e ten unha duración de 12 meses nos que os participantes recibirán unha completa formación teórico-práctica poderán obter os correspondentes certificados de profesionalidade co obxectivo de aumentar as súas posibilidades de acceso ao mercado laboral en dúas especialidades bastante demandadas.

Na fase de aprendizaxe, o alumnado realizará traballos ou servizos de interese social ou comunitario para o Concello a través dos servizos correspondentes. O alumnado da especialidade de “Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e aproveitamento forestal” colabora cos servizos municipais de Xardíns e Medio Ambiente, mentres que os participantes na especialidade de “Socorrismo en espazos acuáticos e goberno de embarcacións de salvamento”, realizarán asistencia operativa ao Servizo Municipal de Emerxencias e á Fundación Municipal de Deportes nas actividades de socorrismo nos espazos naturais con utilización de embarcacións específicas para o salvamento (praias) e nas instalacións acuáticas de titularidade municipal (piscina municipal).

Mailas normas sanitarias e as restricións impostas a nivel xeral pola pandemia, o obradoiro estase a desenvolver con normalidade, ao terse adaptado perfectamente aos novos protocolos e ao amoldar o calendario formativo ás posibilidades de cada momento.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -