_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O concello bota a andar os primeiros camiños escolares seguros cun investimento de 400.000 euros na primeira fase

Dentro do plan global para facer unha cidade máis amable e sostible medioambientalmente, pensada para os peóns e non para os vehículos de motor, sen que deixen de convivir, nun novo xeito de entender a mobilidade e accesibilidade, o goberno local porá a andar este mesmo ano os primeiros camiños escolares seguros no municipio. O proxecto xa está listo e a financiación inclúese nos Presupostos para 2021, que serán presentados oficialmente o vindeiro martes.
13.02.2021. A primeira fase, que se vai desenvolver en 2021, conta cun presuposto de 400.000 euros; a segunda, de 300.000. En ambos casos, con financiación propia e dos fondos europeos, ao que hai que engadir accións como o retranqueo do muro da Lomba, que se financiará con fondos da deputación provincial. A primeira fase afectará á conexión do Piñeiriño e da zona Dr. Tourón coa Lomba e marcará as pautas para este modelo que o Concello quere levar ao resto de centros educativos do municipio.

O plan foi elaborado ao longo do último ano polo estudio de arquitectura A:Escala, especializado en urbanismo e mobilidade sostible, nun tempo especialmente complicado pola pandemia, pero no que se mantivo contacto coa comunidade escolar e se fixeron estudos a pe de campo, incluso con APPs para que os pais axudasen a “mapear” os percorridos habituais. Malia que é algo co que se convive cada día, algúns datos son certamente ilustrativos. Así, na contorna da Lomba, onde hai dous colexios e unha escola infantil, cada xornada, en cada entrada e saída, móvense 900 alumnos e ata 600 vehículos particulares, ademais dos correspondentes autobuses do transporte escolar.

Estes datos, por si sos, xa esixen tomar medidas para garantir a seguridade da comunidade escolar. Pero o concello quere ir máis alá. Ao igual que noutras cidades que xa puxeron en marcha proxectos similares, en Vilagarcía queren desenvolverse os denominados “camiños escolares seguros”. Estes itinerarios pretenden que os nenos e nenas gañen autonomía persoal e calidade de vida mentres van e veñen á escola, evitando viaxes motorizados no coche familiar. De aí os itinerarios seguros para os desprazamentos a pe ou en bicicleta e a previsión de que exista unha certa supervisión na mobilidade, coa implicación dos pais, policía local, profesores e voluntarios, garantindo con iso a seguridade en todo os proxecto.

BICO EN VAI!
Para os casos nos que é inevitable o traslado en coche, o proxecto prevé espazos delimitados e rotulados nas entradas dos centros, baixo o lema “Bico e vai!”, unha versión do “Kiss & go!” que xa se usa noutros plans similares, pero aquí adaptado ao galego e ao Programa de Mobilidade VAI! (Vaibike!, Vaibús!, Vaiapé!)

Segundo se explica no proxecto de A:Escala, as cidades camiñables promoven a recuperación da rúa por parte da infancia, unha idea que conta co decidido apoio da Dirección Xeral de Tráfico. Por iso, non se consideran admisibles deseños e regulacións que dificulten aos escolares de primaria o camiñar con autonomía. E por iso, tamén, o deseño dos espazos debe propiciar o xogo libre, as zonas peonís ou semipeonís e limitar a velocidade a 10 km/h.

As obras implicarán reforma de beirarrúas, eliminación de barreiras arquitectónicas, axardinamentos e mellora da iluminación. Igualmente, se desenvolverán de acordo co proxecto complementario das ciclovías, unha das primeiras que será, precisamente, a que unirá o Piñeiriño co centro da cidade a través de Dr. Tourón.




4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2024  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -