_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
O Orzamento para 2021 increméntase nun 5,4% e aposta polos investimentos e as políticas sociais

A falla da súa discusión e aprobación polo pleno, o proxecto dos presupostos municipais para 2021 contempla un incremento do 5,4% e unha clara aposta polos investimentos (case 4 millóns de euros) e as políticas sociais. En total, 31.325.000 millóns de euros, a maior cifra na última década. O seu carácter “expansivo” foi defendido polo alcalde pola necesidade de recuperar social e economicamente o Concello trala pandemia.
17.02.2021. Foi precisamente o rexedor, Alberto Varela, quen, xunto á concelleira de Facenda, Luz Abalo, presentou o proxecto dos orzamentos que horas se lle facilitara aos portavoces dos grupos da oposición. Tanto Varela coma Abalo insistiron en que é necesario reactivar a economía local, xerando máis oportunidades de emprego, aínda non sendo unha competencia propia do Concello, e para iso defenderon os importantes investimentos previstos. Entre eles, dous cunha longa reivindicación veciñal e política: a reconversión da vella sede do Liceo-Casino na biblioteca que Vilagarcía necesita (1.450.000 euros), e a reforma integral do pavillón número 1 de Fontecarmoa, dotada con 800.000 euros máis a expensas de cal poida ser a aportación da Xunta de Galicia.

Con todo, Varela Paz destacou tamén outro investimento: os 200.000 euros destinados á adquisición dun baixo onde instalar aos servizos sociais, un departamento que dende a súa chegada á Alcaldía non deixou de medrar e de aí a necesidade de buscar un lugar onde se poida atender aos veciños do mellor xeito posible. Varela subliñou o constante incremento dos recursos para as políticas sociais, e neste punto agradeceu non só o traballo dos profesionais do Concello, senón tamén das distintas ONGs coas que a administración colabora.

Vilagarcía, “aquí e agora”
Con todo, o alcalde destacou tamén que sen perder de vista a recuperación económica e a atención ás familias que máis o precisan, non se debe esquecer seguir traballando no avance cara ese modelo de cidade que defende: unha cidade máis amable, cun crecemento sustentable, mellor medioambientalmente, onde os peóns teñan preferencia sobre os coches. Neste sentido, Varela subliñou os 300.000 euros que van tamén no presuposto para a primeira fase dos camiños escolares seguros ou os 128.000 para seguir mellorando a accesibilidade nas rúas e prazas da cidade.

Pola súa banda, a concelleira de Facenda destacou que se trata dun presuposto “equilibrado e posible, e moi próximo ás necesidades de Vilagarcía aquí e agora”. Luz Abalo incidiu que o nivel de endebedamento do Concello é do 16,5% -do 26 cando se subscriba o préstamo-, moi por debaixo do que prevé a Lei (75%) e aínda máis lonxe do que se podería chegar con autorización do Goberno (110%).

Luz Abalo incidiu en que, ademais, dos investimentos previstos no presuposto municipal, hai que ter en conta os que se realizarán a través do Plan Concellos da Deputación e dos Fondos FEDER (estratexia “Vilagarcía Avanza”). Para facer fronte a todo iso, a concelleira destacou tres tipos de recursos: o primeiro, os fondos municipais, a través dos impostos e taxas que pagan os vilagarciáns. O segundo, o crédito. E o terceiro, a xestión diante doutras administracións. Isto último –explicou- é o que xustifica que a presión fiscal siga sendo baixa: canto máis se consiga fóra, a través da xestión política, menos terán que poñer os cidadáns directamente (taxas e impostos, que seguen “conxelados”).

O alcalde concluíu lembrando que os sindicatos apoian este proxecto de presuposto e confiando en que outros grupos políticos tamén se sumen, pois algunhas das súas reivindicacións, como a biblioteca ou a reforma do pavillón, están incluídas no documento.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -