_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
A conselleira valora o refuxio municipal de animais de Pinar do Rei como “un dos mellores de Galicia”

O refuxio municipal de Animais de Pinar do Rei é, en palabras da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez Mejuto, “un dos mellores de Galicia”, tanto pola calidade das súas instalacións como pola labor que realiza a Asociación Protectora de Animais á que o Concello ten encomendada a xestión do servizo. A titular de Medio Ambiente foi recibida pola tenente de alcalde, Tania García, a concelleira de Benestar Animal, Matilde Laya, a presidenta da Protectora, Ángeles Cifuentes e directivos e persoal da mesma. Tras facer un percorrido polas mesmas e atender ás explicacións sobre o funcionamento e organización do servizo, a conselleira interesouse polas necesidades existentes e invitou aos responsables municipais e do colectivo a concorrer ás liñas de axudas que ofrece o seu departamento.
19.02.2021.- Ángeles Vázquez visitou esta mañá o refuxio acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, para coñecer de primeira man as instalacións e contribuír á difusión do “gran traballo” que se está a realizar nelas, así como para ofrecer colaboración do seu departamento. Tania García agradeceu a visita da conselleira, así como o recoñecemento ao esforzo realizado polo Concello durante todos este anos para contar cun refuxio de animais modélico e tamén á absoluta dedicación e ao excelente traballo que sempre desenvolve a Protectora de Animais vilagarciá.

A presidenta da Protectora explicoulles que o refuxio ten un orzamento anual de 90.000 euros, que soen quedar escasos para cubrir as necesidades (alimenticias, médicas e sanitarias) do elevado volume de animais que acollen (na actualidade 150 cans e preto de 100 gatos), así como para a prestación dos restantes servizos que ofrecen, como a realización do protocolo CES de control das colonias de gatos de rúa mediante intervencións de esterilización (o ano pasado realizáronse 191 e no que vai de ano, outras 31), e para o sostemento da veterinaria e dos outros dous traballadores contratados para manter e atender a canceira. En canto ás necesidades, a veterinaria explicou que un dos gastos máis elevados que teñen é a compra de medicamentos e material sanitario, aínda que tamén en alimentación se gasta bastante dado que o consumo de penso animal é de 60 quilos ao día. Engadíu que tamén é necesaria a adquisición de determinados equipamentos para o quirófano, así como dispor de máis recintos para cachorros e ampliar a gateira.

Cifuentes tamén lle comentou que grazas ao investimento realizado polo Concello na mellora e adaptación das instalacións, a canceira municipal dispón dende o ano 2018 da declaración de Núcleo Zoolóxico, que homologa e certifica tanto o cumprimento dos protocolos sanitarios como a calidade dos servizos e instalacións para poder acollerse ao sistema de adopción internacional de animais.

A conselleira tomou nota de todo o exposto e informoulle de que en marzo Medio Ambiente publicará a convocatoria de subvencións destinadas a este tipo de servizos de benestar e atención animal, explicando que haberá un apartado destinado a concellos e outro a asociacións, e animando tanto ás responsables municipais como ás da Protectora a solicitar acollerse a estes fondos que se dividen en tres liñas de actuación: Campañas de esterilización e microchipado, Campañas de concienciación contra o abandono de mascotas e a favor de adopción, e dotación de equipamentos.

Noutra orde de cousas, a presidenta da Protectora lle pediu á titular de Medio Ambiente que as denuncias por maltrato animal que chegan ao seu departamento sexan tramitadas con rigor e non queden gardadas nos caixóns. Así mesmo trasladoulle a súa preocupación polos efectos que os peches perimetrais da pandemia están tendo nas cifras de adopción, ao non permitir que persoas doutros concellos veñan á canceira de Vilagarcía a buscar animais. Vázquez Mejuto, asegurou “tomar nota” e estudar as posibilidades existentes.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -