_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
TURISMO
Os cinco concellos implicados apostan por continuar a Vía Verde do Salnés ata Pontevedra por sendas xa abertas

Os concellos de Vilagarcía, Caldas e Portas, xunto cos de Barro e Pontevedra traballarán nun proxecto común para crear un gran trazado peonil e cicloturista que dea continuidade á Vía Verde do Salnés que discorre entre os tres primeiros para chegar ata á capital da provincia. Esta gran senda, que no seu conxunto sumaría 24 quilómetros de lonxitude, aproveitaría tanto partes do trazado ferroviario en desuso, como sendas forestais e da parcelaria e incluso algún tramo do Camiño de Santiago.
22.02.2021.- Os responsables dos cinco municipios implicados mantiveron esta mañá unha xuntanza no consistorio vilagarcián para estudar a proposta inicial á que se sumaron de forma unánime tendo en consideración o elevado valor turístico que reportaría este novo recurso para toda a zona.

A proposta parte xa cos 9 quilómetros da Vía Verde do Salnés xa operativos e en uso, os que partindo do entorno do Pazo de Rubiáns, en Vilagarcía, discorren por terreo caldense, cruzan o Umia pola ponte de ferro, e rematan no antigo andén de Portas. Polo tanto, os traballos a realizar limitaríanse aos 15 quilómetros restantes, os comprendidos entre o municipio de Portas e Pontevedra, pasando por Barro.

Para concretar o trazado, o Concello de Pontevedra aportou o estudo realizado pola Asociación Pedaladas, que deseñou o enlace dende Pontevedra coa Vía Verde do Salnés. A diferenza desta última, que discorre integramente por vía ferroviaria en desuso, o novo tramo so aproveitaría algún trazado das vellas vías do tren- como o da ponte sobre o Lérez e un antigo túnel-. O resto salvaríase aproveitando sendas forestais e da parcelaria e incluso algún tramo do camiño de Santiago. Ao tratarse de sendas xa abertas, o custe da actuación veríase reducido de forma importante, centrándose principalmente en materia de sinalización e mobiliario.

Na xuntanza de hoxe acordouse solicitar a realización dunha memoria económica e, unha vez se teña, celebrar un novo encontro para continuar avanzando na idea e tratar de captar a colaboración doutras administracións.

Na reunión desta mañá participaron o concelleiro de Turismo de Vilagarcía, Álvaro Carou; o alcalde de Caldas, Xoán Manuel Rey; o tenente de alcalde de Portas, Alfonso Reboredo; o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández; e por Pontevedra, o tenente de alcalde Tino Fernández, e o concelleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible do Medio Rural, Iván Puentes.

Este novo proxecto supramunicipal pretende seguir o modelo de colaboración institucional iniciado coa Vía Verde, no que concellos con gobernos de distintas siglas políticas uníronse en pro dun mesmo proxecto para aproveitar sinerxias e acadar un beneficio común.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Feb 2021  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -