_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
URBANISMO
O levantamento topográfico pon en marcha a redacción do proxecto de humanización de Arcebispo Lago

A Xunta Local de Goberno acordou na reunión de hoxe adxudicar á empresa Oftefor o levantamento topográfico da Rúa Arcebispo Lago por importe de 600 euros máis IVE. A realización destes traballos é o paso previo e necesario para a redacción do proxecto de obra e execución da humanización promovida polo Concello de Vilagarcía, cuxo deseño encargouse xa hai unhas semanas ao arquitecto Mariano Vázquez. As medicións a realizar abranguen os 2.400 metros cadrados do tramo da rúa que discorre dende o cruce de Alexandre Bóveda ata a praza de Galicia con Conde Vallellano.
08.03.2021.- A efectos prácticos a rúa Arcebispo Lago está peonalizada dende que se levantou o confinamento. Aínda que o goberno local xa tiña previsto continuar eliminando o tráfico rodado do centro da cidade seguindo polas rúas contiguas á Praza de Galicia, a medida en Arcebispo Lago adiantouse debido á necesidade imposta pola pandemia de habilitar novos espazos públicos que permitisen o esparexemento da poboación e transitar respectando a necesaria distancia de seguridade para previr o contaxio da covid. Transcorridos varios meses co tráfico cortado, e coa cidadanía xa habituada ao cambio, agora levaranse a cabo os correspondentes traballos de humanización para adaptar a rúa ao peón e para cambiar por completo a súa imaxe.

Unha das principais directrices marcadas polo goberno para a obra de Arcebispo Lago é que o deseño deberá harmonizar e dar solución de continuidade ás rúas da contorna previamente peonalizadas (Praza de Galicia, Castelao, Praza de Arcebispo Lago, García de Caamaño), así como prever ás que lle seguirán no futuro. A elección de Mariano Vázquez supón unha avantaxa neste sentido, posto ao ser o autor da peonalización da Praza de Galicia xa ten coñecemento previo dos criterios estéticos, dos materiais utilizados, do trazado das redes de servizos básicos e das características do terreo, tanto desa ultima actuación como das fases anteriores, que tivo que estudar antes de realizar ese proxecto.

Ao tratarse dunha zona facilmente inundable por situarse moi próxima a terreos gañados ao mar, cun nivel freático case en superficie e cun regato que discorre soterrado, deberá incluír un sistema de recollida de pluviais ben dimensionado e que reduza o risco de anegamento. De igual xeito, o proxecto contemplará a renovación das redes de saneamento e abastecemento de auga e canalización de servizos. Tendo en conta estes dous aspectos, o levantamento topográfico e as medicións de das cotas son esenciais para garantir o axeitado funcionamento dos sistemas de canalizacións das augas.

Xa por último, no que a obra en superficie se refire, o proxecto deberá utilizar materiais resistentes e que requiran pouco mantemento, cunha estética agradable que inclúa elementos vexetais e zonas verdes.

Este proxecto enmárcase no plan de peonalización e humanización co promovido polo executivo socialista co obxecto de continuar co proceso de modernización e adaptación da cidade ás necesidades do século XXI.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2021  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -