_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
EDUCACIÓN
O Concello propón a agrupación das catro escolas unitarias de Vilagarcía nun CRA plurilingüe

O Concello de Vilagarcía solicitou á Consellería de Educación da Xunta de Galicia a constitución dun Colexio Rural Agrupado (CRA) integrado polas catro escolas unitarias que funcionan no municipio (Bamio, Guillán, Aralde e Solobeira). A agrupación baixo esta fórmula outorgaría maior autonomía ás escolas, que funcionarían como un único organismo, e permitiríalles dispor de máis recursos materiais e humanos. A proposta da creación do CRA foi xestionada polo concelleiro de Educación, Argimiro Serén froito do compromiso adquirido nunha xuntanza mantida hai dous meses cos voceiros de Vilagarcía en Común e BNG e representantes das Anpas das unitarias co obxecto de abordar distintos temas.
12.03.2021.- A idea de crear o CRA parte do elevado grao de satisfacción das familias en canto á modalidade de ensino que se presta nas unitarias e por tratarse dunha educación de proximidade na que os escolares das zonas rurais non teñen que desprazarse ata os colexios convencionais situados a varios quilómetros en moitos casos. E tamén pola necesidade de que as unitarias resolvan as carencias que presentan actualmente, como a de ter que depender de mestres doutros colexios para impartir materias específicas como educación física ou inglés.

A agrupación das unitarias nun CRA permitiríalles contar cun Claustro de profesores propio, algo que agora non teñen, e dispor dun catálogo de postos de traballo independente, co que se lles tería que asignar con praza fixa profesores das materias específicas dedicados en exclusiva ás catro escolas.

Antes de iniciar a tramitación, as Anpas realizaron unha enquisa entre as familias do alumnado das unitarias vilagarciás, obtendo o 100% de respaldo ao CRA de Vilagarcía, que ademais contaría coa singularidade de tratarse dun proxecto plurilingüe, característica moi valorada polas familias.

A redacción do proxecto do CRA Plurilingüe correu da man das profesoras das catro escolas, como coñecedoras de primeira man do funcionamento e necesidades das unitarias de Vilagarcía, e foi coordinado pola responsable do centro de Guillán. Pola súa banda, Serén encargouse de facer as xestións oportunas ante os responsables autonómicos de Educación. De feito, xa lle presentou o proxecto e mantivo varias reunións co Inspector educativo. De forma paralela, os responsables de cada unitaria elevaron a iniciativa aos seus respectivos consellos escolares, nos que tamén foi aprobada por unanimidade.

Ademais de xestionar a solicitude, de ser aprobada pola Consellería, o Concello tería que poñer a disposición do CRA un local para ser utilizado como sede do centro, acoller a parte administrativa e a sala para reunións dos profesores. As distintas alternativas existentes xa foron postas en coñecemento do Inspector educativo que incluso visitou Vilagarcía para coñecelas.

A priori, as impresións manifestadas verbalmente polo responsable educativo en relación á creación do CRA de Vilagarcía son positivas, quedando pendente a emisión do informe e a correspondente resolución da Consellería. De aprobarse, a agrupación das unitarias podería entrar en vigor xa o próximo curso e comezar a funcionar como un organismo único e autónomo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2021  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -