_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O presuposto municipal de 2021 queda aprobado de forma definitiva ao desestimar a Corporación a única alegación presentada

En escasos cinco minutos resolveu a Corporación Municipal de Vilagarcía o Pleno extraordinario convocado para resolver a única alegación presentada aos Presupostos Municipais do Concello de Vilagarcía para o ano 2021. Foi a que asinou USO, unha formación sindical que non conta con representación no Concello. A alegación foi rexeitada pola Corporación cos votos a favor da desestimación do grupo de goberno socialista, e as abstencións de toda a oposición (PP, BNG, Vilagarcía en Común e Ciudadanos) coa excepción de Marea na Vila, que non asistiu á sesión. O orzamento entrará en vigor tan pronto como se publique no BOP o acordo adoptado hoxe pola Corporación.
05.04.2021.- A alegación, de tipo xenérico, afondaba no tema da interinidade dos traballadores das administracións públicas e nos procesos de consolidación de emprego. En consonancia co apuntado polos informes técnicos, todos os grupos coincidiron en que, aínda que tendo a súa razón no fondo da temática, a alegación no se refería a ningún aspecto dos orzamentos. Ademais, os grupos lembraron que todos os sindicatos con representación no Concello e que integran a Mesa de Negociación, deron o seu visto bo aos orzamentos municipais. Con estes dous argumentos, o grupo de goberno votou a favor de desestimar a alegación e PP, BNG, Vilagarcía en Común e Ciudadanos, se abstiveron, en concordancia coa postura mantida no seu día no Pleno dos Presupostos, segundo explicaron.

Tras desestimarse esta única alegación, o Concello remitiu esta mesma mañá o acordo ao BOP para que proceda a súa publicación e quede con iso aprobados definitivamente os presupostos de 2021. Que entrarán en vigor a partir dese momento.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2021  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -