_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
ECONOMÍA
A campaña de primavera-verán dos bonos “Son da Casa!” despega coa posta á venta de 3.750 packs

A terceira edición dos bonos “Son da Casa!” despega mañá, 14 de maio, coa posta á venta dos 3.750 packs subvencionados polo Concello para incentivar o consumo no comercio e hostalería local e dinamizar a economía da cidade. A campaña primavera-verán dos bonos será igual que as anteriores: cada pack de bonos adquirirase por 20 euros pero permitirán facer compras por valor de 30 euros grazas aos 10 euros que aporta o Concello en cada lote. Os bonos poden adquirirse a través da web sondacasa@vilagarcia.gal e o sábado, tamén de forma física, no punto de venta da Praza de Galicia de 11.00 a 14.00 horas. En caso de choiva, a venta presencial aprázase ata o seguinte sábado.
13.05.2021.- Tanto na compra online como na física, cada cidadán poderá adquirir un máximo de dous packs de bonos por campaña, para o cal en ámbolos dous sistemas se lles pedirán os datos persoais e presentación do DNI. Deste xeito facilítase que o maior número de veciños poida beneficiarse desta iniciativa. O único requisito para participar na campaña é ser maior de idade.

Cada pack contén 2 bonos de 10 euros e outros dous de 5 euros, co obxectivo de que se poidan facer con eles compras grandes ou pequenas. Nestes momentos están adheridos á campaña 200 establecementos da cidade, entre os que se atopan comercios de todas as ramas (moda, zapatería, xoierías, complementos, electrodomésticos, música, decoración, ferraxerías, florerías, agro, alimentación, papelerías, madeiras, librarías…), pequenos negocios de servizos (perruquerías, estética, fisioterapia…) e locais de hostalaría (bares, restaurantes, establecementos turísticos…). Todos eles estarán debidamente identificados con adhesivos nos escaparates e coa cartelería promocional. A lista completa de establecementos tamén se pode consultar en sondacasa.vilagarcia.gal

A campaña de primavera verán rematará o 31 de xullo. Ata ese momento poderanse utilizar os bonos nos establecementos adhueirdos á campaña.


Convalidación dos bonos non gastados en Nadal

O Concello permitirá utilizar na campaña de primavera-verán os bonos adquiridos na de Nadal que non chegaran a gastarse. Deste xeito evítase que ninguén, nin consumidor, nin comerciante, perda a oportunidade de beneficiarse destas subvencións municipais ao consumo, cuxo obxectivo é contribuír á recuperación do tecido comercial de Vilagarcía tras as perdas ocasionadas polo confinamento e as consecuencias da pandemia.

As persoas que gardaran os bonos non gastados de Nadal deberán presentalos na Concellería de Promoción Económica do Concello para a súa convalidación.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -