_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Adolescentes de 12 a 16 anos poderán realizar o seu propio podcast a través do obradoiro “Emotiradio”

A Concellería de Xuventude organiza o “Emotiradio”, un obradoiro no que adolescentes de 12 a 16 anos terán a oportunidade de realizar e gravar o seu propio programa de radio. A actividade enmárcase no proxecto de educación socio emocional que está a desenvolver a Concellería de Servizos Sociais para axudar á mocidade a afrontar as consecuencias da pandemia. O Emotiradio constitúese como unha ferramenta excepcional que os participantes poderán usar para expresar os seus sentimentos e inquedanzas e poñer de manifesto os temas que lles interesan a través de entrevistas, cuñas radiofónicas, música…, que eles mesmos elixirán e elaborarán con total liberdade.
13.08.2021.- O obradoiro desenvolverase do 6 ao 14 de setembro no Auditorio Municipal, con sesión diarias a realizar en horario de 11 a 13 horas. O número de prazas ofertado inicialmente é de 6, que se poderá ampliar se no momento da celebración as normas sanitarias o permiten. A participación é de balde e os interesados deberán inscribirse enviando un mail ao enderezo xuventude@vilagarcia.gal . O prazo para anotarse vai do 17 ao 27 de agosto e as prazas cubriranse por rigorosa orde de entrada.

As primeiras xornadas da actividade dedicaranse ao proceso creativo previo que require a realización dun programa de radio. Os participantes deberán decidir e consensuar os temas a tratar, a forma que terá o programa, as persoas a entrevistar…. Isto permitiralles compartir ideas e situacións e reflexionar sobre as vivencias negativas e tamén as positivas que poden extraer da pandemia, tanto a nivel individual como colectivo. Como remate ao proceso creativo, o último día dedicarase a gravar o podcast.

O educador social que impartirá o obradoiro, Ramón Molina, explicou que o feito de que as mozas e mozos participantes creen o seu programa radiofónico en torno as súas vivencias emocionais, ao período de pandemia e as súas implicacións sociais, comunitarias e persoais constitúe un elemento favorecedor da súa resiliencia. E para facilitalo empregarán a radio como elemento vehicular, xa que é un instrumento de gran potencialidade para desenvolver a educación emocional do colectivo infanto-xuvenil, ao constituír un elemento fantástico para a súa expresión.


“A mocidade necesita espazos e oportunidades para expresarse libremente e con naturalidade as súas propias ideas, opinións e sentimentos, e aí a radio ofrece un abano importante de oportunidades no plano educativo, emocional e creativo”, comentou.

Deste xeito, a mocidade participante elaborará un programa de radio onde teñan cabida os seus intereses e onde a aprendizaxe emocional estea presente de xeito transversal. Pero de paso, os participantes verán ampliado o seu coñecemento sobre o medio, aprendendo a linguaxe radiofónica e tomando contacto coas ferramentas necesarias para construír diversos contidos radiofónicos atendendo.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -