_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Usuarios do parque urbano do Cavadelo aproban a remodelación prevista polo Concello

O proxecto para a remodelación integral do Parque do Cavadelo que ten previsto executar o Concello de Vilagarcía xa conta co beneplácito dos usuarios das instalacións, que hai uns días foron convocados polo goberno local para expoñerlles o documento. Os traballos teñen un custe aproximado de 200.000 euros e suporán a redistribución de espazos e a dotación de novos equipamentos para a práctica das distintas disciplinas de deporte urbano que se realizan na zona, como skate, parkour, bmx ou break. O executivo local atende así a petición dos colectivos de afeccionados que frecuentan este céntrico parque e que demandaban melloras nas infraestruturas que, debido a súa antigüidade e uso, quedaron obsoletas e se atopaban en mal estado.
29.11.2021.- Para a redacción do proxecto, o arquitecto Javier Segura, que tamén é membro da Asociación de Skaters de Pontevedra e autor do parkour de Portonovo, contou coas propostas realizadas polos propios usuarios do parque do Cavadelo, cos que o autor e membros do goberno xa se reuniran en ocasións anteriores para coñecer as súas necesidades e impresións. Na última xuntanza, a de presentación do documento, os catro representantes dos colectivos de usuarios puideron comprobar que se tiñan recollidas as súas propostas e deron a súa aprobación ao proxecto. Ademais do arquitecto, participaron no encontro a concelleira de Urbanismo, Paola María, a de Xuventude, Alba Briones e o edil de Medio Ambiente, de parques e Xardíns, Diego García.

O proxecto prevé un cambio total na fisionomía actual do parque. Aínda que se manterán as canchas de baloncesto e multideporte, o resto dos espazos redistribúense totalmente para dedicalos ás disciplinas urbanas. Para gañar espazo, o parque infantil situado no extremo sur do parque desaparecerá –a previsión e trasladalo ao Centenario. Con este e o resto dos espazos crearanse zonas diferenciadas para a práctica de cada modalidade, dotada cada unha cos elementos e estruturas propios para a súa práctica, e tamén se habilitará un espazo común que serva para a convivencia e a interrelación da mocidade á vez que como zona de aprendizaxe para os principiantes.

Tras este último encontro cos afeccionados, o redactor ultimará o proxecto construtivo que ten previsto entregar no mes de decembro ao Concello. A continuación procederase a redactar os pregos para sacar a licitación a obra que ten un orzamento aproximado de 200.000 euros para os que o executivo local xa dispón de fondos ao ter habitadas unha partida de 50.000 euros e outra de 150.000 a través dos créditos solicitados nos orzamento de 2020 e de 2021 para a execución do Plan de Investimentos.

Un proxecto con continuidade no Centenario

Ese proxecto constitúe a primeira fase dunha actuación máis ampla que o goberno socialista pretende estender posteriormente ao Parque do Centenario e que haberá que consensuar coa Autoridade Portuaria, titular dos terreos. A intención do Concello é remodelar o espazo verde instalando nel a zona de xogos infantís –onde estaba antigamente- e tamén construír un novo bowl, seguro e sen deficiencias, no que os mozos poidan realizar as súas acrobacias con patíns, patinetes ou bicis en condicións e coa máxima seguridade. Esta é outra das peticións que os afeccionados lle trasladaran ao goberno local e á que tamén se lle pretende dar solución.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -