_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Un milleiro de escolares participarán no Literatour do Vilagarcía, Cidade de Libro

O evento Vilagarcía, Cidade Libro, potencia na súa segunda edición as actividades destinadas ao público infantil e xuvenil co obxectivo de atraer aos máis novos ao mundo da literatura. A través do Literatour, preto dun milleiro de escolares achegaranse á feira para somerxerse nos libros a través de actividades lúdicas, xogos e xincanas de temática literaria. O público xuvenil terá unha xornada propia que contará coa presenza de autores como Blue Jean e Elena Gallego, e tamén para eles introdúcense xéneros como o anime e o manga, e actividades como o I Encontro Cosplay VGA. Escritores como Javier Cercas, Manuel Jabois, Ledicia Costas e autores como Manuela Carmena, Ángel Martín, Marwan, Ramón Villares ou Emma Pedreira participarán nas Conversas ao Solpor e asinarán libros.
07.06.2022.- As concelleiras de Xuventude, Alba Briones, e de Cultura, Sonia Outón, debullaron polo miúdo o programa do Vilagarcía, Cidade de Libro, unha axenda repleta de actos para todo tipo de público e idades, que se desenvolverá do 13 ao 19 de xuño. A Praza da II República será o epicentro desta feira do libro. Alí situarase o escenario principal no que se desenvolverán as Conversas ao Solpor, onde haberá ás firmas e presentacións de libros e onde se instalarán as casetas das librerías de Vilagarcía que participan no evento.
As actividades infantís contarán con outros espazos e escenarios en diferentes puntos do Parque Miguel Hernández, onde se desenvolverán as súas actividades e xogos literarios.

Briones explicou que o Vilagarcía, Cidade de Libro pretende potenciar o gusto pola literatura e os libros, pero non só de forma pasiva, a través do fomento da lectura, senón tamén de forma activa, animando á creación literaria, para o cal na feira celebraranse obradoiros de escritura. Pola súa banda, a edil de Cultura sinalou que este evento converte a Vilagarcía na capital do libro e a literatura de Galicia, volvendo a poñer de relevo a capacidade que a nosa cidade ten para a organización de grandes eventos e para atraer personaxes e profesionais de primeiro nivel. De feito, nos últimos días teñen confirmado a súa presenza no Vilagarcía, Cidade de Libro novos autores, como Bilal Traoré, que ademais de presentar a súa última obra, incorpórase a conversa entre autores na xornada dedicada á xestión emocional xunto con Anxo Luxilde, Marcos Lorenzo e o presentador de televisión, Ángel Martín.

Como xa acontecera na primeira edición do evento, Cortegada tamén será escenario dalgunhas das actividades do Vilagarcía, Cidade de Libro, neste caso coas presentacións do libro de Paula Carballeira, “A pantasma de Cortegada”, e do de Manuel Jabois, “Miss Marte”. Tamén haberá unha actividade do Literatour destinada a escolares que, seguindo o argumento do libro de Paula Carballeira, consistirá nunha visita guiada pola illa para coñecer os escenarios nos que se desenvolve o conto.

A poesía e a música tamén teñen cabida no programa do Vilagarcía, Cidade de Libro, cun recital poético a cargo do colectivo local da Mesa das Verbas, coa participación de poetas da cidade, como Xurxo Alonso, e mesmo cun recital poético-musical do poeta e cantautor madrileño, Marwan.
Como sempre, a asistencia a todas as actividades programas polo Concello é libre e de balde.

Atraer público de Compostela

O Concello de Vilagarcía quere promocionar o Vilagarcía, Cidade de Libro noutras cidades co obxectivo de atraer público interesado no mundo literario. Por iso, aproveitando a estreita relación e o convenio de colaboración en promoción turística asinado o ano pasado entre os dous concellos, mañá presentarase o evento na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela. O acto contará co presenza do alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e do de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

Consulta o programa completo do Vilagarcía, Cidade de Libro na web municipal http://www.vilagarcia.gal

http://www.vilagarcia.es/pdf/ProgramaCidadeLibro.pdf
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2024  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -