_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
O concello da por cumpridos os obxectivos dunha “exitosa e sostible” Festa da Auga que desbordou ledicia e saciou a sede de diversión

A expectación que existía ante a celebración da Festa da Auga despois de tres anos de espera debido á pandemia, traduciuse onte nunha verdadeira “explosión de alegría” que cumpriu os obxectivos marcados polo Concello, tanto os relativos ao mantemento da celebración como pedían os vilagarciáns, como ao contrastado aforro de auga –o de onte foi o día de agosto con menor consumo no municipio-, así como ao desenvolvemento dos operativos de seguridade e limpeza.
17.08.22.- Tras coñecer os datos da xornada, o alcalde, Alberto Varela, non dubidou en cualificar coma un “verdadeiro éxito” a Festa da Auga, “que desbordou ledicia e saciou a sede de diversión que viñamos acumulando dende hai tres anos os vilagarciáns”. O rexedor tamén salientou esa volta á esencia da festa na que, como nas súas orixes, recupera a presenza interxeracional, os cánticos e o baile a pé de rúa.

Si ben é certo que a afluencia de xente na Festa da Auga foi menor que na última edición, a do 2019, cómpre salientar dous factores moi relevantes e que diferenciaron ambas celebracións. O primeiro o mal tempo da xornada de onte, e o segundo a que San Roque, que só e festivo en Vilagarcía, caeu en martes, non en fin de semana como hai tres anos. Así a todo, segundo a estimación realizada pola Policía Local, unhas 6.000 persoas acompañaron ao santo no traslado da igrexa ata a capela e posteriormente encheron as rúas da Zona Húmida. A todas estas hai que sumar a cantidade de xente que participou nas celebracións nocturnas pero que non quedou á Festa da Auga.

Tendo en conta tanto á cantidade de xente que houbo durante á noite e tamén durante a propia Festa da Auga, a xornada discorreu con “relativa tranquilidade e coas mínimas incidencias en proporción á dimensión das celebracións”. Como xa se comentou onte, o balance dende a medianoite do día 15 ás 18 horas do día 16 recolle 11 traslados ao hospital (7 por intoxicación etílica, 1 por intoxicación por estupefacientes e 3 por contusións e un corte) e outras atencións de carácter leve por parte do servizo de Emerxencias.
Tamén pouco significativas son as 24 alcoholemias positivas ao volante e os 2 test positivos de drogas tendo en conta que a Policía Local realizou controis de tráfico de forma permanente e en distintos puntos da cidade entre a 1 da madrugada ata as 15 horas do día 16 de agosto.

8.447 metros cúbicos de auga consumidos, a menor cantidade do que levamos de agosto

A ausencia das mangueiras conectadas ás bocas de incendios da traída co obxecto de aforrar no consumo de auga non pasou factura á festa. En contrapartida, houbo maior implicación e participación da veciñanza que dende os seus lanzaba auga a caldeirazos. O consumo responsable foi a tónica xeral como o demostran os datos facilitados por Espina e Delfín, xa que a do día 16 de agosto foi a xornada de menor consumo de auga en Vilagarcía durante todo o que vai do mes de agosto. A cantidade de auga tratada na ETAP –é dicir, toda a subministrada no municipio- foi de 8.447 metros cúbicos, case mil menos que os rexistrados o luns 15 (9.361 metros cúbicos consumidos), e tamén inferior aos 9.431 do domingo 14, os 10.427 do sábado 13, ou os 9.388 do venres 12. A tendencia foi similar en todo o mes de agosto.

Bo ambiente

Tanto dende o goberno local como dende a comisión “Auga que non has de beber” salientaron o bo ambiente que reinou durante toda a celebración. “A xente estaba moi animada e gozou con toda a intensidade da festa, comprobando o que xa intuíamos: que os vilagarciáns tiñamos ganas de mollarnos, que despois de dous años sen Festa da Auga, existía una necesidade anímica vital de celebrala”, apuntou Varela. Dende a comisión celebraron esa recuperación da esencia da festa, con máis tambores, bailes e cánticos na honra de San Roque e pedindo auga e, especialmente a presenza cada vez maior de familias enteiras, pais e nais con fillos e fillas pequenas, gozando e divertíndose por igual da celebración, tal e como se facía na súa orixe.

A última parte da xornada foi a relativa ás labores de limpeza e posta a punto das rúas da cidade tras a celebración masiva. O operativo discorreu este ano de forma máis fluída e rápida que en anos anteriores e contou coa participación de 80 persoas divididas en quendas de mañá e tarde. As últimas zonas a acondicionar foron aquelas nas que se concentraron os últimos rezagados da festa nas rúas Méndez Núñez e Baldosa, que quedaron despexadas de xente e limpas ben entrada a tarde.

A diferenza doutros anos, nas praias apenas houbo residuos. Apuntan que incluso menos que un domingo calquera pola mañá, quizais debido ao mal tempo, que fixo que a mocidade se fora ao interior de locais e cara a TIR.

Ademais de desenvolverse máis rápido, o operativo tamén logrou mellorar este ano a recollida selectiva. De feito, onte recolléronse 9.140 quilos de envases lixeiros fronte os 7.260 quilos de 2019, cando houbera máis xente. Pola contra, o volume de residuos sólidos urbanos xerado onte no municipio (os do contedor verde convencional) foi inferior ao de hai tres anos. Recolléronse 10.660 quilos fronte aos 20.580 de 2019.

Felicitacións á cidadanía e aos servizos municipais

O alcalde aproveitou para felicitar á cidadanía polo excelente comportamento demostrado durante a celebración e tamén aos servizos municipais que participaron nos diferentes operativos (organizativos dos actos e celebracións, de emerxencias e de seguridade) para garantir o bo desenvolvemento das festas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -