_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
Concello e propietarios dos terreos sentan as bases do acordo para desbloquear a urbanización de Villa Güimil

O desenvolvemento urbanístico dos terreos comprendidos na ETD 16, da avenida Rosalía de Castro, máis coñecida por Villa Güimil, está a piques de desbloquearse grazas ao acordo ao que chegaron o Concello e a xunta de propietarios para retomar os traballos paralizados dende o ano 2010 con motivo da crise inmobiliaria. Para garantir que se completa a urbanización con todos os servizos, se habilitan os espazos de uso público previstos e se remata o párking soterrado que usa a Policía Local como depósito municipal de vehículos, a promotora debe simultanear estes traballos coa construción dos bloques de vivendas e adiantar o 100% do aval correspondente.
18.08.2022.- As condicións postas polo Concello tratan de evitar situacións vividas nos últimos anos cando, en fases anteriores se foron executando algúns dos edificios previstos, pero sen chegar a completar a urbanización de todos os espazos públicos. A nova dirección da xunta de compensación, con maioría dun fondo de activos bancarios, ten a intención de continuar co desenvolvemento do proxecto, en principio co remate dos dous bloques de vivendas que se atopan inacabados e cuxa venta xa están anunciando en diversos medios. E para levalo a cabo comprométense a cumprir as condicións impostas dende Ravella, de xeito que edificios e urbanización dos espazos públicos de todo o ámbito de actuación estean rematados á vez.

Ademais de dotar á zona dos correspondentes servizos e infraestruturas básicas alí onde aínda non se construiron, os promotores deben rematar o garaxe soterrado que utiliza a Policía, arranxando as deficiencias (filtracións principalmente) causadas precisamente por estar inacabada a construción en superficie, que igualmente terán que acondicionar creando unha praciña de uso público. Tamén entra no paquete a urbanización da contorna da capela de San Xosé.

O acordo foi aprobado no último Consello da Xerencia de Urbanismo. Unha vez ingresado o 100% do aval (normalmente requírese o adianto do 20%), a xunta de compensación deberá solicitar a ampliación do prazo da licenza concedida no seu día e presentar para a súa probación o proxecto de execución das obras a realizar no párking. Estes trámites poderían completarse nas seguintes semanas, de forma que xa se estaría en disposición de comezar os traballos para recuperar urbanisticamente unha zona situada nunha contorna privilexiada de Vilagarcía, nas inmediacións da Praia da Concha, e que agora presenta unha imaxe de abandono pola situación dos edificios inacabados e os terreos sen urbanizar. Ademais, co remate da urbanización, os vilagarciáns poderán gozar dos novos espazos públicos que corresponden polo desenvolvemento urbanístico da ETD 16.

A maiores dos dous bloques a rematar nesta fase do proxecto, aínda quedaría un solar máis no que tamén se podería construír outro edificio de vivendas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -