_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O campo da Lomba contará con iluminación de primeiro nivel no prazo de dous meses, cun investimento de 126.000 euros

O estadio municipal de fútbol da Lomba contará no prazo de dous meses cun novo e máis eficiente sistema de iluminación, despois de que a xunta de goberno local adxudicara á empresa Formatesa Lalín, SL o subministro das luminarias de tecnoloxía Led que substituirán as existentes, de halogenuros. A adxudicación se fixou 125.800 euros, 5.000 menos do prezo de licitación. A nova iluminación é de "clase 1", segundo a norma UNE-EN-12193, que fixa os requisitos para o alumado dos deportes máis practicados na Unión Europea. Ese nivel 1 está indicado para "competición do máis alto nivel, tal como competición internacional o nacional" e, así mesmo, para "o adestramento de moi alto nivel". Ademais de mellorar notablemente a visibilidade, o cambio suporá un aforro dun 30% no consumo, ao pasar dos 80 Kilowatios actuais aos 56,7 unha vez producido o cambio.
02.11.2022. Na actualidade, a iluminación do campo da Lomba está composta por catro torres de 25 metros de altura, acollendo cada unha delas 10 proxectores de halogenuros metálicos de 2.000 watios de potencia unitaria. As novas luminarias LED poden acadar un nivel de iluminación de 500 lux, reducindo ao tempo o consumo eléctrico. A súa vida útil calcúlase en 120.000 horas.

A adxudicación do contrato a Formatesa Lalín, SL implica unha garantía de 5 anos a contar dende a data de recepción do subministro. Ademais da luminaria propiamente dita, o garantía inclúe o módulo Led, o driver e os outros compoñentes asociados cando algún deles o no seu conxunto poda provocar un fallo total ou unha perda de fluxo superior ao previsto nas mesmas condicións de garantía.

A actuación finánciase ao 100% a través do Plan Concellos 2022/23 da Deputación Provincial de Pontevedra e se enmarca nas medidas de mellora da eficiencia enerxética que vén levando a cabo o concello, reducindo o consumo e por tanto o gasto en enerxía, ademais de cumprir coas políticas que promove a UE para diminuír a pegada de carbono.

400.000 EUROS EN MENOS DE CATRO ANOS
Este novo investimento engádese aos que xa veu facendo o goberno municipal nos últimos catros anos neste estadio, unha das principais instalacións deportivas da cidade: cambio de cuberta na grada de preferencia (181.442,00 euros), máquina segadora de corte helicoidal e xogo de coitelas (16.740 + 2.077 €), modificación de bancadas para os equipos (5,795 €), mobiliario de vestiarios (3.422 €) e mantemento vexetal (un prego de 63.314 euros, actualmente en licitación que inclúe o incremento de 20.000 euros aprobado o ano pasado). Unhas cantidades que, unidas aos 125.000 do cambio do sistema de iluminación, acadan practicamente 400.000 euros.

Aparte, hai que ter en conta o custe da electricidade, que demostra ata que punto é preciso renovar as instalacións e que todos os usuarios (concello, clubs) se impliquen no aforro enerxético: só o campo de fútbol da Lomba (as oficinas van aparte) supuxeron o ano pasado unha factura de 10.256 euros (unha media, por tanto, de 855 euros ao mes). No actual exercicio, e cando Naturgy so facturou ata o 31 de maio, o custe deses primeiros cinco meses ascende xa a 9.365 euros (isto é: unha media de 1.873 euros ao mes, máis do dobre que o ano pasado). Pola súa banda, o contrato das oficinas (a sede do servizo de mantemento da Fundación, máis as oficinas de Arousa e Arousana) supoñen aproximadamente 175 euros ao mes (1.750€ ese ano, de 1 xaneiro a 31 de setembro).
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -