_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O concello investe 34.000 euros en renovar e reubicar a xaula de lanzamentos do estadio de atletismo

A Xunta de Goberno Local acaba de aprobar o investimento de algo máis de 36.000 euros nunha nova mellora nas instalacións do estadio de atletismo. Trátase da renovación da xaula de lanzamentos de peso e martelo, que, ademais, será reubicada noutra esquina do estadio. Renovación e cambio de emprazamento eran dúas das reivindicacións doa Agrupación Atlética Mazí que o goberno local atendeu tan pronto como foi posible. A renovación da xaula foi adxudicada a Mondo Iberica SAU por 18.136,61, mentres que a obra civil de montaxe na esquina sureste do estadio foi favorable á proposta de Medulio Madera & Sport por importe de 15.647,72€,
03.11.2022. Na actualidade, e como dende que se construíu o estadio, a xaula de lanzamentos de está situada no esquina noreste da mesma. Para a Agrupación Atlética Mazí, a situación lóxica é a sureste, opinión que sustenta no feito de que a maioría dos lanzadores son destros, de xeito que os lanzamentos que non son correctos tenden ir cara á esquerda, é dicir, non ao centro do campo senón cara ás pistas e mesmo o exterior do propio estado. Cando eses lanzamentos non quedan na rede, poden constituír un perigo. Por iso, unha vez que se decidiu renovar a instalación, bastante deteriorada polo paso do tempo, aproveitarase tamén para facer ese desprazamento, o que significará ter que facer unha pequena obra.

Estes traballos permitirán tamén substituír a actual composición dos círculos de lanzamentos, posto que, como ben lembrou a agrupación Mazí na súa proposta, coa nova regulamentación da Federación Española de Atletismo, usando un redutor pódese competir con un só círculo, o que fai que para as competicións só haxa que instalar unha medición única para os lanzamentos de disco e martelo. Tanto Mondo como Medulio teñen un mes para desenvolver eses traballos.

No estadio de atletismo do complexo polideportivo de Fontecarmoa desenvólvense adestramentos e competicións de carácter autonómico de atletismo, atletismo adaptado e de rugby, así como eventos de deporte base como o campus Internacional Pablo Coira ou o Torneo Cidade de Vilagarcía de Fútbol 8. O Concello e a Fundación de Deportes fan todosos anos melloras no mantemento das instalacións. Dentro de estas, a finais do ano pasado adquiríronse lámpadas led para substituír a iluminación da instalación e rebaixar o gasto enerxético da instalación. Antes xa se renovara o marcador electrónico para os partidos de fútbol e rugby.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -