_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O concello porá en funcionamento de inmediato os catro puntos limpos móbiles con 45 paradas no municipio

As rúas dos cascos urbanos e dos principais lugares das parroquias comezarán a ver nas vindeiras datas como un dos catro puntos limpos móbiles que acaban de adquirir o concello ofrecerá aos veciños un novidoso sistema de recollida selectiva á porta da casa. O goberno municipal acaba de adxudicar á empresa local Baygar o subministro deses puntos limpos por valor de 51.837 euros, 2.000 menos do prezo de licitación. A falla de rotulalos coa identidade corporativa do concello, o servizo comezará a funcionar de xeito inmediato, con ata 45 emprazamentos distintos en todas e cada unha das parroquias do municipio. O investimento foi posible grazas aos Fondos Next Generation da Unión Europea, que destinan a Vilagarcía 3 millóns de euros.
05.11.2022. Os catro puntos móbiles facilitarán a reciclaxe, evitando que os veciños teñan, como agora, que desprazarse ante o Punto Limpo de Pinar do Rei, ao menos para gran parte dos refugallos que se van acumulando nos fogares. A través de compartimentos de distintos tamaños e perfectamente sinalizados, os usuarios poderán desbotar: fluorescentes e lámpadas; tóner de impresoras; pequenos electrodomésticos; xoguetes e outros plásticos duros (pero non envases, que para iso existen xa outros contedores); electrónica, informática e telefonía; aerosoles e envases de pintura; pilas e baterías; aceite de cociña embotellado; radiografías; Cds e Dvds; cápsulas de café; material de escritura; e ata téxtiles. Os puntos limpos móbiles serán de dous formatos, uns con 15 compartimentos e outros con 7, para utilizar segundo as características do lugar a visitar: obviamente, non é o mesmo unha rúa do casco urbano que un lugar dunha parroquia.

Os Puntos Limpos Móbiles póñense en marcha para evitar que residuos como os descritos acaben na bolsa convencional do lixo, unha práctica inadecuada moi habitual e que resulta moi perigosa para o medio ambiente.

Colaboración cidadá
O Concello confía en que este novo servizo teña unha boa acollida entre a veciñanza, polo que suporá nunha xestión máis eficiente, responsable e respectuosa co medioambiente, algo que implica a toda a poboación, non unicamente á administración. O material recollido nesas rutas por todo o termo municipal será despois depositado no Punto Limpo de Pinar do Rei para o seu posterior tratamento nos correspondentes centros autorizados, onde serán reciclados, cando sexa posible, ou destruídos de xeito seguro, cando non exista outra posibilidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -