_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
O concello convoca o "Mercachef", un divertido campamento de Nadal para nenos de 8 a 12 anos onde aprenderán a cociñar san

A Concellería de Xuventude, que dirixe Alba Briones, vén de convocar un novo campamento de nadal que, desta volta, estará centrado na alimentación e na cociña sas. Esta é a idea central de "Mercachef", que se desenvolverá entre os días 26 a 30 de decembro, de luns a venres, con dúas sedes complementarias: a segunda planta da praza de abastos (luns, mércores e venres) e os seminarios do auditorio (martes e xoves). O campamento está dirixido a rapaces de 8 a 12 anos, a inscrición é gratuíta e o prazo para anotarse abrirase o vindeiro luns. Das 25 prazas previstas, 5 se reservarán para aqueles poidan propoñer os Servizos Sociais, apostando así, unha vez máis, pola igualdade de oportunidades. O horario será de 10:00 a 13:00 horas.
Baixo a batuta do coñecido cociñeiro Rubén García, os nenos e nenas aprenderán as vantaxes da compra de proximidade e da cociña sa e, igualmente, algúns trucos para aproveitar os restos de comidas anteriores. Así, por exemplo, o menú que terán que elaborar o primeiro día será: corte de verduras e fungos de tempada, escabeche, polo ao "curry" e carne asada con castañas. O mércores, os rapaces terminarán o escabeche acompañando uns mexillóns e un peixe, farán un "pad thai" coas verduras cortadas o día anterior, e uns lagostinos; por fin, aproveitarán a carne asada que sobre o día 26 para facer un "brioche". O venres, Rubén García proporalles realizar diferentes sobremesas típicas do Nadal: torrada de caramelo e "biscote" de noces, "Suso" Nadal 2022, e torta de queixo e cabaza.

As outras dúas xornadas, martes e xoves, os participantes no campamento farán sendas actividades tamén moi amenas e relacionadas coa alimentación sa e sustentable. Así, o martes farán unha "busca do tesouro na procura da alimentación perdida" (lectura de etiquetas, normas de hixiene e manipulación dos alimentos, etcétera) e o xoves, un obradoiro de cociña creativa, con ingredientes que eles mesmos terán que adquirir na praza.

As bases poden ser consultadas na web http://www.vilagarcia.gal e na sede electrónica do concello, sede.vilagarcia.gal. A inscrición, sen embargo, non se abrirá ata o vindeiro luns, día 21.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -