_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DESENVOLVEMENTO LOCAL
O concello pon a disposición da Xunta o albergue de Carril, despois de investir 600.000 euros na súa construción

O que para a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, é sen dúbida “o máis fermoso dos albergues de Galicia, non só pola súa construción, senón polas súas vistas”, xa está a disposición da Xunta para que o integre na rede de albergues da comunidade e, polo tanto, o dote á maior brevidade do amoblamento e o equipamento (lavadoras, cociña, etcétera), que é compromiso adquirido no seu día pola administración autonómica. O alcalde, Alberto Varela, lembrou, neste sentido, que Camiños hai varios, pero só nun está a orixe, e no seu arranque está o flamante albergue do Carril.
17.11.2022. Despois dos avatares que pasou a súa construción, pola crise dos subministracións, o equipamento para peregrinos, levantado precisamente na rúa de Santiago de Carril, xa é unha realidade. Foron 600.000 euros os investidos, grazas ao Plan Concellos de Deputación. Unha cantidade que fixo posible que un edificio inacabado -a ampliación da vella casa da cultura de Carril- se converterá nun inmoble que chama a atención polo atrevemento da súa proposta arquitectónica, deixando á vista os vellos e os novos elementos (pedra, formigón, ladrillos...) que ofrecen unha estética moi atravida é, á vez, moi funcional.

O albergue dispón de 30 camas, distribuídas en 5 habitacións feitas integramente en madeira e con todas as comidades, entre elas conexións eléctricas para carga de móbiles e outros dispositivos. Tamén conta con zona de lavandería, de aparcamento para bicicletas, e de zonas comúns para almorzos, aseos e ascensor. O edificio é totalmente accesible. E, por suposto, ofrece tamén un dos seus elementos característicos: unha magnífica terraza dende a que se divisa a illa de Cortegada, o río Ulla e a ría de Arousa, é dicir, a paisaxe pola que, segundo a tradición, pasou o apóstolo na súa Traslatio, a orixe de todos os camiños.

CARÁCTER DINAMIZADOR
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, felicitou ao alcalde polo destino que fixo dos fondos que a Corporación pon a disposición dos concellos, para que eles decidan libremente a que os queren destinar. Silva destacou o esforzo renovador que está amosando o alcalde e o seu equipo, destacando especialmente o da concelleira de Urbanismo, Paola María. Igualmente, non deixou pasar a oportunidade de felicitar, de novo, ao arquitecto da obra, Yago Fernández, que, como no caso da gardería de Vilaxoán –que recibiu varios premios, como aventurara a propia Silva- volveu demostrar que ten unha forma “diferente” de ver a arquitectura e a súa funcionalidade.

Pola súa banda, o alcalde, ademais de agradecer a colaboración da que, dixo, “é a mellor presidenta que tivo nunca a Deputación”, tamén felicitou a Yago Fernández polo seu traballo. Alberto Varela destacou, como Silva, o carácter dinamizador que terá o albergue para Carril e para Vilagarcía. E lembrou que agora lle toca á Xunta cumprir o seu compromiso, desexando que o seu investimento en mobiliario e equipamento estea á altura do esforzo que Concello e Deputación fixeron por converter un edificio condenado e inacabado nun dos mellores, senón no mellor, dos albergues de peregrinos de toda Galicia.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -