_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
POLICÍA LOCAL
O 71% das infraccións de tráfico detectadas en Vilagarcía en 2022 debeuse a aparcamentos indebidos

No marco das competencias que a lei outorga aos concellos en materia de tráfico, a Policía Local de Vilagarcía tramitou ao longo do ano 2022 un total de 7.076 denuncias por infrinxir a normativa de circulación no termo municipal. Seguindo a pauta que se repite ano tras ano, o maior parte delas, un total de 5.054 (o 71%) debéronse a aparcamentos indebidos. E tamén a maioría, un total de 5.284 correspondéronse a infraccións de carácter “leve”, (o que supón o 74%). Outros dos datos extraídos da memoria da Policía Local é que a metade dos expedientes tramitados iniciáronse a raíz de infraccións detectadas polo dispositivo móbil de lectura de matrículas instalado nun dos coches patrulla do Corpo: foron un total de 3.491 casos.
12.01.2023.- En relación aos incumprimentos da normativa relativa aos estacionamentos, pódese concretar que 940 denuncias foron por aparcar en zona de carga e descarga, 758 por facelo ocupando un carril de circulación, 697 por estacionar enriba da beirarrúa ou pasos de peóns, 671 en zonas peonís e 662 por non respectar a sinal de estacionamento prohibido. En menor número tamén se rexistraron 393 infraccións por incumprimento da normativa de estacionamento en zona azul, 330 por estacionar en liña amarela, 314 na zona do mercado e 289 en paradas de bus.

Os casos denunciados por conducir baixo os efectos de alcohol ascenderon a 191 e polo consumo de drogas, 73.

En canto á tipoloxía de todas as infraccións, ás 5.284 leves súmanse ás 1.486 cualificadas como “graves”, sendo minoritarias as “moi graves”, con 305.

Denuncias competencia da Dirección Xeral de Tráfico

Por outra banda e xa fora das competencias municipais, a Policía Local remitiu 817 denuncias á Xefatura Provincial de Tráfico. O maior número, un total de 486, responden a vehículos que non tiñan pasado ou actualizado a ITV, infracción tipificada como “grave”, mentres que 196 foron por vehículos que carecían do seguro ou este non estaba en regra, infracción “moi grave” penada coa retirada de puntos do carné de conducir, a maiores da correspondente sanción económica. As 135 denuncias restantes respondían a motivos diversos.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -