_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A rúa Ameixeiras dotarase dunha beirarrúa no tramo de 110 metros que enlaza coa avenida de Cambados

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vilagarcía aprobou na reunión de hoxe o proxecto de dotación de beirarrúas na Rúa Ameixeiras, en Sobradelo, tras recalcular o orzamento en base ao incremento xeneralizado dos prezos dos materiais. A actuación, que precisará dun investimento de 76.000 financiarase a través do Plan Concellos 2023, consistirá na construción dunha beirarrúa no tramo de 110 metros da Rúa Ameixeiras que enlaza coa avenida de Cambados. A obra licitarase tan pronto como a Deputación aprobe a subvención cuxa solicitude tamén se aprobou na reunión destra mañá.
30.01.2023.- Con esta actuación, o goberno local pretende mellorar a seguridade viaria nunha rúa que é moi transitada polos alumnos do instituto Armando Cotarelo e atender unha petición veciñal. Para poder construír a beirarrúa aproveitaranse os terreos de titularidade municipal resultantes da cesión prevista no proxecto de urbanización do solar que fai esquina coa avenida de Cambados. Isto permitirá habilitar a plataforma de paso para os peóns e manter os dous carrís para a circulación de vehículos en ámbolos dous sentidos, á vez que se axusta a rúa ás aliñacións recollidas no PXOM.

O proxecto prevé construír beirarrúas totalmente accesibles no tramo dos 110 metros que ten de fronte cara a Rúa Ameixeiras o solar obxecto da cesión de terreos ao Concello. O pavimento das beirarrúas realizarase en formigón con especial atención aos acabados superficiais, tanto en cores como en texturas, e que deberá incluír cortes e xuntas de dilatación, a formación de pendentes mediante rigolas de escasa profundidade para a evacuación de pluviais, o tratamento dos bordes e aristas mediante pulido e rebaixe e a realización de cortes transversais ou uso de lousa hidráulica con botóns antideslizantes para sinalizar os pasos de peóns.

A incorporación dos terreos municipais á rúa permitirá habilitar unha liña de estacionamentos, co que a zona gañará prazas de aparcamento público. As zonas para aparcar construiranse con aglomerado asfáltico.

A actuación tamén prevé a supervisión, posta a punto e adaptación das redes de recollidas de pluviais e saneamento, o soterramento do cableado eléctrico e a instalación das canalizacións soterradas para as liñas de telecomunicacións. Colocaranse luminarias de tecnoloxía LED, construiranse pasos de peóns elevados e pintarase toda a sinalización horizontal.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -