_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Vilagarcía comparte con Viena, Budapest e Sofía a sede do New Millenium International Chamber, que se celebra en abril

Si Vilagarcía xa se tiña convertido nun referente da música clásica grazas ao Clasclás, un novo festival desembarca en abril na cidade para consolidar e dar pulo a esta merecida etiqueta. Trátase do New Millenium Internationat Chamber Music Festival, evento que chega a Vilagarcía da man da Sociedade Filarmónica a través do programa Erasmus+ financiado pola Unión Europea. O certame, creado e dirixido pola recoñecida pianista coreana Miranda Liu, sitúa a Vilagarcía á altura de Viena, Budapest ou Sofía, as grandes cidades europeas coas que a capital arousá comparte a sede do NMICMF. Catro concertos e un completo programa de master class celebraranse en distintos espazos de Vilagarcía do 3 ao 7 de abril.
01.03.2023.- O NMICMF presentouse este mediodía no Concello nun acto que contou coa presenza da concelleira de Cultura, Sonia Outón; o presidente da SFV, José Luis Sanz; o director musical da asociación, Pablo Vidal e; por vídeo conferencia, da directora artística Miranda Liu, que fixo gala dun perfecto español. O festival finánciase con fondos europeos e da propia SFV, colaborando o Concello coa posta a disposición do Auditorio, o Salón García e outras dependencias municipais para a celebración dos concertos e das master class.

Artistas principais

A directora do festival, Miranda Liu, encabeza o equipo dos oito artistas principais que participarán no New Millenium de Vilagarcía para ofrecer concertos e dar as máster class aos músicos noveis. Trátase dunha lista de músicos que xa contan cunha relevante traxectoria en formacións de todo o mundo, con moitos premios no seu haber e cun gran recoñecemento internacional. No apartado de violín, ademais de Miranda Liu, está Vlad Stanculeasa. Mathiu Herzog e a galega Inés Picado compoñen o dúo de viola e Kyril Zlotnikov aporta o cello. A frauta soará grazas ao virtuosismo de Adriana Ferreira e o clarinete do galego Darío Mariño. Por último, Georgy Tchaidze sentarase fronte ao piano.

Todos eles serán os encargados de trasladar os seus coñecementos aos músicos noveis becados polo Erasmus para participar nesta iniciativa cultural, didáctica e formativa.

O programa

Mércores 5 de abrilo-20.30 horas
Auditorio de Vilagarcía
Concerto inaugural. Obras de Beethoven e Brahms
Entrada de balde

Xoves 6 de abril- 20.30 horas
Pazo de Rubianes
Obras de Britten, Ginaster e Mozart
Entrada 26 euros en http://www.pazoderubianes.com (inclúe ágape)

Venres 7 de abril- 12.30 horas
Salón garcía
Cuartetos de corda
Entrada de balde

Venres 7 de abril- 20.30 horas
Pazo O Castriño
Concerto de clausura. Obras de Beethoven e Tchaikovsky
Exclusivo para socios da SFV

Miranda Liu

Pese a ter só 26 anos, Miranda Liu xa ten recibido numerosas becas e premios. Participou en concertos como solista, músico de cámara e concertina en Europa, EE.UU e China e actúa regularmente en prestixiosos festivais de todo o mundo. Traballa nun repertorio extenso e amplo cos pedagogos musicais máis recoñecidos e entre os seus mentores figuran András Keller e Miklós Perényi. Liu é unha das xóvenes violinistas clásicas máis emocionantes da actualidade. Toca un violín construído por Nicoló Amati en Cremona en 1676 e outro feito especialmente para ela en 2014 por Samuel Zygmuntowicz en Nova Iorque.
Eloxiada polo público e a crítica pola súa técnica “perfecta, brillante e sorprendente”, foi cualificada como “unha das xóvenes violinistas clásicas máis emocionantes da actualidade”.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -