_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Pleno desestima o recurso interposto por FCC contra a adxudicación do contrato da recollida de lixo

O Pleno da Corporación Municipal de Vilagarcía acordou esta mañá desestimar o recurso interposto pola empresa FCC contra o procedemento de contratación do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria adxudicado a finais de febreiro a Urbaser, tamén en sesión plenaria. En base aos argumentos esgrimidos pola Secretaria Municipal no seu informe sobre o recurso, todos os grupos da Corporación votaron a favor da desestimación, coa única excepción do concelleiro de EU que se abstivo.
24.03.2023.- En consecuencia, o acordo do Pleno, xunto co informe no que se xustifica a desestimación tras desbotar as alegacións da recorrente, foi remitido ao Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (Tacgal) para que resolva o recurso. O procedemento de contratación queda en suspenso ata que haxa resolución definitiva.

FCC, unha das empresas que concorreron ao concurso do contrato da “Contenerización, recollida e transporte de residuos, xestión do Punto Limpo e limpeza viaria” do Concello de Vilagarcía recorreu o procedemento de contratación ante o (Tacgal) o martes, o mesmo día no que remataba o prazo para realizar o trámite. Segundo establece o procedemento, o Concello dispoñía de 48 horas para informar sobre os aspectos recorridos e elevar os seus argumentos ao Tacgal, que é o organismo independente ao que lle compete resolver o proceso. Esa foi a razón pola que esta mañá se celebrou o pleno extraordinario pola vía de urxencia, unha sesión que resolveu en apenas 15 minutos.

Despois de aprobar por unanimidade a urxencia da convocatoria e xusto antes de pasar á votación da proposta de desestimación, tanto o alcalde, Alberto Varela, como a voceira do grupo de goberno, Tania García, manifestaron publicamente o agradecemento á Secretaria Municipal por ter analizado e argumentado punto por punto os aspectos recorridos por FCC e ter realizado o correspondente informe nun tempo récord. No mesmo sentido se manifestou a voceira do PP, Ana Granja, a única representante da oposición que asistiu ás Mesas de Contratación, aínda que todos os membros da Corporación tiveron a posibilidade de asistir e foron invitados a facelo.

Agora o Concello deberá esperar á que o Tacgal emita a súa resolución para saber si, tal como se solicita dende a administración local, rexeita o recurso na súa totalidade e a nova adxudicataria pode tomar posesión e empezar a prestar o servizo coas melloras que inclúe o novo contrato, ou si será preciso retrotraer o procedemento.

O montante total do contrato da recollida de lixo e limpeza viaria supera os 38,2 millóns de euros, ao adxudicarse por un prezo anual de 4.783.747 euros e cunha duración de 8 anos.

A posta en práctica do novo contrato permitirá mellorar a prestación actual dos servizos de limpeza viaria e de recollida de lixo adaptándoos ás novas características e necesidades que presenta a cidade e que difiren moito das recollidas no contrato que está a punto de extinguirse e foi redactado hai 30 anos. Ademais, os pregos do novo contrato recollen a ampliación e creación de novos servizos que inciden de forma moi concreta na potenciación da reciclaxe para dar cumprimento aos criterios medioambientais e de sustentabilidade establecidos pola UE.

O executivo local confía en que o recurso se resolva de forma rápida e favorable para a administración local, se xeito que non se demore máis a aplicación do novo contrato e de todas as melloras que inclúe para continuar avanzando nunha axeitada xestión dos residuos sólidos urbanos e na imaxe de Vilagarcía.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -