_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O modelo dos Servizos Sociais de Vilagarcía exporanse nas xornadas internacionais da Universidade do País Vasco

O modelo de actuación que está a desenvolver os Servizos Sociais do Concello de Vilagarcía foi elixido pola Universidade do País Vasco para protagonizar un dos relatorios que se exporán durante as Xornadas Internacionais de Participación, Investigación-Acción e Desenvolvemento Comunitario que se celebrarán en Bilbao do 26 ao 28 de abril. Deste xeito, a experiencia vilagarciá estará presente nun foro no que participan profesionais, investigadores e expertos de organismos oficiais, como o CSIC ou varias comunidadades autónomas, e de universidades de todo o mundo, como Harvard, Edimburgo, Deusto ou a Universidade de La Plata-Arxentina, entre outras.
25.03.2023.- Ter sido seleccionados para participar neste importante foro de ámbito internacional é todo un recoñecemento ao traballo que se está a realizar dende os servizos sociais municipais de Vilagarcía, con especial mención ao modelo creado para dar cobertura a todas as necesidades xurdidas durante a pandemia da covid. Precisamente por este protocolo recibiron o Premio Ás Boas Prácticas concedido polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia en 2021 e a experiencia tamén foi elixida polo comité científico do Consello Xeral de Traballo Social para expoñerse no XIV Congreso Estatal e II Iberoamericano de Traballo Social 2022 que se celebrou o pasado verán en Ciudad Real.

A presentación dos Servizos Sociais Municipais de Vilagarcía enmarcarase no eixo de Desenvolvemento Comunitario das Xornadas Internacionais da Universidade do País Vasco e desenvolverase o venres, 28 de abril. Serán a concelleira da Área, Tania García, e a coordinadora do servizo, Iria Camba, as que protagonicen o relatorio que leva por título "Capital Social en tempo de pandemia: unha experiencia de intervención en perspectiva comunitaria". Neste mesmo eixo tamén exporán as súas investigacións e os seus proxectos investigadores e profesionais da Universidade Complutense de Madrid, da Universitat de Cataluña, das de Xaén e Zaragoza e unha representante do Consello Comarcal da Alt Ampurdá.

Ampliar coñecementos para poñer en práctica

A maiores do recoñecemento que supón poder amosar a experiencia de Vilagarcía e obter o recoñecemento do sector, participar nestas Xornadas Internacionais tamén permite as responsables dos Servizos Sociais Municipais coñecer outras experiencias exitosas levadas a cabo en diferentes partes de España e do mundo e ter acceso ás máis novidosas investigacións na materia a abordar, de modo que poidan servir para buscar novas aplicacións en Vilagarcía.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -