_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música dedica a semana ás audicións instrumentais abertas ao público

A Escola Municipal de Música Bernardo del Río desenvolve esta semana unha intensa axenda de actividades como peche do segundo trimestre lectivo. As audicións instrumentais abertas ao público e o Concerto de Primavera conforman o groso do programa iniciado a semana pasada cos festivais de Música e Movemento. Ademais, o día 29 celebrarase outro dos concertos de intercambio que a Escola de Música iniciou cos centros educativos do municipio.
27.03.2023.- A Semana das Audicións Instrumentais desenvolverase entre o luns e o ventres pola tarde, ambos incluídos, coa actuación do alumnado de todas as especialidades de instrumento que se imparten no centro. As audicións son abertas ao público e teñen como obxectivo que os educandos adquiran experiencia sobre o escenario e amosen o aprendido no último trimestre e a evolución rexistrada tocando o instrumento no que se están formando, con interpretacións individuais e tamén grupais.

Mañá, 28 de marzo, terá lugar na sala de concertos da escola o Concerto de Primavera no que actuarán os alumnos e alumnas que se están preparando para presentarse ás probas de acceso ao Conservatorio, así como algunhas das agrupacións instrumentais do centro. Comeza ás 18.30 horas e a entrada é libre e de balde.

E o mércores, 29 de marzo, terá lugar outra das actividades do programa de intercambios que a Escola de Música está a desenvolver con outros centros educativos do municipio. Nesta ocasión visitarán as instalacións do Ramal un grupo de profesores e alumnos do Colexio San Francisco que ofrecerán un concerto didáctico no que haberá moitas sorpresas. Será ás 16:30h. na sala de concertos. Esta actuación é a resposta á que o Combo Moderno da Escola Municipal de Música realizou o pasado mes de novembro no colexio San Francisco con motivo da celebración do magosto. Con este programa de intercambios o centro que dirixe Alberto Estévez ademais de promover a interrelación entre os centros educativos da cidade, busca, promocionar os estudos musicais e dar a coñecer a formacio´n que se imparte na escola Bernardo del Río.

As actividades complementarias ao programa lectivo propiamente dito comezaron a semana pasada cos festivais de Música e Movemento protagonizados polo alumnado de 4 e 5 años.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -