_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
Concello e Fundivisa ofrecen formación cualificada con compromiso de contratación a 15 persoas desempregadas

O salón nobre de Ravella acolleu esta mañá a firma do terceiro convenio de colaboración subscrito entre o Concello de Vilagarcía e a empresa Fundivisa para o desenvolvemento do Plan de formación cualificada con compromiso de contratación. O Concello financia a curso que se impartirá nas dependencias da propia empresa sita no Pousadoiro e a fundición asume o compromiso de contratación dun mínimo do 30% dos alumnos unha vez rematen o curso. Quince persoas desempregadas poderán formarse este ano na especialidade de pulido e reparación de hélices e palas.
29.03.2023.- O alcalde, Alberto Varela, e o general mánager de Fundivisa, Juan Antonio Moreira, foron os encargados de subscribir o convenio promovido pola Concellería de Promoción Económica, Formación e Emprego que dirixe Alba Briones. O rexedor agradeceu a dispoñibilidade de Fundivisa á hora de participar nesta iniciativa coa que o Concello pretende axudar ás empresas a contar de maneira áxil e eficaz con persoal cualificado nos seus procesos de produción e, por outro, incentivar a creación de emprego e o descenso da taxa de paro no municipio.

Pola súa banda, o responsable de Fundivisa agradeceu a oportunidade que o Concello lle dá ás empresas para atopar o persoal que precisan en cada momento en determinados procesos da súa produción, que por ser moi específicos, lle resultan moi difíciles de atopar. En canto aos resultados das dúas edicions anteriores, moreira dixo que “a proba do éxito das mesmas é que estamos aquí firmando unha terceira”. Ademais, o responsable de Fundivisa comentou que varios tralladores formados neste plan foron integrados no plantel da empresa de forma estable unha vez rematada a formación e o contrato de 3 meses que se oferta de forma inicial.

A formación que financia o Concello será impartida por unha empresa especializa en base ao programa de necesidades acordado con Fundivisa. Constará de 90 horas de formación teórica e 80 de práctica, que se impartirá nas dependencias da fundición no Pousadoiro.

Curriculum e entrevista de selección

A participación é de balde para os alumnos que terán que ser traballadores en situación de desemprego e do municipio vilagarcián. Ofértanse 15 prazas e os interesados deben presentar os seus currículos nas oficinas de Promoción Económica do Concello. A selección dos alumnos a realizará unha comisión mixta composta representantes de Fudivisa e do Concello. Ao remate da formación, a empresa contratará ao 30% dos participantes a xornada completa e por un período mínimo de 3 meses e con expectativas de continuidade, aparte da formación e da práctica laboral adquirida que lles será moi positiva á hora de acceder a un posto de traballo en calquera outra empresa do sector.

Experiencia ampliable a outros sectores

A concelleira de Promoción Económica, Alba Briones, amosouse moi satisfeita con resultado deste plan de formación con compromiso de contratación polos beneficios que reporta tanto á empresa como para a creación de emprego. “Aínda que os concellos non temos competencias en materia de emprego, dende o principio tivemos a intención de intentar facer algo para incentivar a creación de emprego e contribuír ao afianzamento da nosa industria. Foi así como nace este programa, a raíz tamén das necesidades que nos plantearon as propias empresas, e agora queremos estender a iniciativa a outros sectores”.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -