_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Auditorio acolle este sábado unha gran foliada en homenaxe a Juan Barcala, O Gaiteiro de Cornazo

“Palabra de gaiteiro” é o título da homenaxe musical que Vilagarcía renderá a Juan Barcala “O Gaiteiro de Cornazo” este sábado, 1 de abril a partir das 20 horas no Auditorio Municipal. O evento promovido por un grupo de amigos e músicos tradicionais cos que Barcala colaborou ao longo da súa vida presentouse este mediodía no Concello coa presenza do alcalde, Alberto Varela, a concelleira de Cultura, Sonia Outón, e o músico e membro do grupo Leixaprén, Manuel Dopico.
30.03.2023.- A homenaxe a quen Outón definiu como “un referente da música tradicional galega” deseñouse “ao xeito que a Juan lle gustaría”, a modo dunha gran foliada no que actuarán nove grupos de gaitas e formacións de música tradicionais nas que Barcala participou. Son Lumarada de Cornazo, lugar de nacemento do homenaxeado, e Santa Plácida de Rubiáns, onde residía; xunto con Mero, Os Demos da Petaca, María Manuela, Mocidade da Torre, Nós, Os Terribles de Arousa e Leixaprén.

A concelleira de cultura explicou que a idea desta homenaxe xurdiu pouco tempo despois da morte de Juan Barcala, en xuño de 2021, pero por circunstancias diversas non puido celebrarse ata o de agora. Outón referiuse ao talante discreto e a humildade de Bacala, “que nunca se poñía en primeiro plano e que, quizáis por iso, non se visibilizaba a súa grandeza artística na medida na que se merece”.

A concelleira lembrou que ademais de gaiteiro, Barcala era un magnífico compositor. “El é o autor do ‘Pasodobre Leixaprén’, un tema que soa practicamente en todas as festas populares de Galicia, é que é unha honra que sexa obra dun vilagarcián, como tamén a ‘Muiñeira de Armenteira’, dos Campaneiros, outra gran formación local”.

Como voceiro dos organizadores da homenaxe, Manuel Dopico, membro de Leixaprén, como tamén o foi Juan Barcala, agradeceu ao Concello de Vilagarcía a posta a disposición dos seus espazos para organizar un evento que “inicialmente ía a ser unha homenaxe íntima entre familia e amigos co Salón García como escenario, e que fóisenos das mans, porque era moita a xente que quería participar, así que se converteu nesta gran foliada no Auditorio”.

O alcalde tomou a palabra para advertir que “non hai mellor uso para un espazo público que acoller unha iniciativa que parte da xente e coa que se rende homenaxe a outro veciño. O mellor legado que unha persoa pode deixar é que os que a coñeceron ou que souberon da súa obra consideren que é merecedor dunha homenaxe”, sentenciou Varela Paz, quen animou aos vilagarciáns a acudir ao gran serán que está preparado para este sábado para recordar a Juan Barcala e gozar da música tradicional galega pola que tanto fixo O Gaiteiro de Cornazo. A entrada é libre e de balde.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -