_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Vilagarcía xa dispón na Florida dun pump track habilitado para acoller competicións oficiais

Vilagarcía vén de sumar ás súas infraestruturas deportivas o novo pump track da Florida, unha instalación composta por un dobre circuíto combinado que permitirá acoller competicións oficiais das distintas modalidades de BMX, así como a práctica diferenciada por parte de usuarios de nivel medio e alto. O alcalde, Alberto Varela, xunto con concelleiros de goberno local e o autor do proxecto, Miguel Fiunza, visitaron as instalacións que acaban de ser rematadas e nas que o Concello investiu 50.000 euros de fondos propios.
31.03.2023.- Varela lembrou que a construción do pump track foi unha proposta realizada por un grupo da oposición durante a negociación dos presupostos municipais e que o executivo socialista incorporou aos proxectos a realizar “porque nos pareceu unha boa idea”. O rexedor engadiu unha razón máis: “atender as demandas que van xurdindo coa aparición de novas prácticas deportivas, neste caso relacionadas co BMX, de igual xeito que decidimos reformar o parque do Cavadelo no que proximamente se vai a construír o novo Sakete Park para dar cabida aos distintos deportes urbanos con instalacións e equipamentos axeitados”.

Na estrea oficial do pump track da Florida estivo presente un dos deportistas de BMX aos que o Concello consultou á hora de redactar o proxecto definitivo. Foi Víctor Mariño -subcampión de España en descenso en BTT en 2018 na categoría junior e recente top 20 no campionato de Portugal- o encargado de testar o circuíto realizando varias voltas e saltos polas pistas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -