_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Concello financia as obras de mellora do Centro Cultural e Deportivo do Sixto cunha achega de 12.200 euros

O alcalde, Alberto Varela Paz, e o presidente do Centro Cultural e Deportivo do Sixto, Pedro Iglesias Barreiro, asinaron esta mañá o convenio de colaboración mediante o cal o Concello asumirá aos custes das obras de mellora das instalacións veciñais. A administración local aportará unha achega de 12.148 euros para financiar os traballos que permitirán aos veciños do Sixto facer uso das instalación nas condicións idóneas de confort e seguridade. En contraprestación, o Centro renuncia a dúas anualidades das axudas que a Concellería de Cultura concede para a xestión dos centros socio culturais e veciñais do municipio, cuxa contía total ascende a 3.600 euros.
01.04.2023.- A sinatura do convenio de colaboración tivo lugar no Centro do Sixto Cultural de Deportivo a onde se trasladaron varios membros do equipo de goberno e onde foron recibidos por membros da directiva do colectivo e veciños da zona de Solobeira.

Aínda que non se trata dun centro de titularidade municipal se non veciñal, igual que se fixo hai uns meses coa sociedade cultural Gato Negro de Carril, o Concello concédelles esta axuda para realizar obras en polo importante papel que estes centros xogan na dinamización cultural e social dos lugares nos que se atopan, prestando un servizo que repercute en beneficio da veciñanza. De feito, nas instalacións do Sixto celébranse festas, actividades deportivas, cursos e actos sociais e serven como punto de encontro e medio de socialización dos habitantes do lugar.

As obras que se van a executar a través deste convenio co Concello permitirán mellorar e acondicionar o centro emprazado na rúa Solobeira. Os traballos consistirán no picado e arranxo do piso actual, que se atopa moi deteriorado, e na impermeabilización das instalacións con polibreal e posterior capa de morteiro e plaqueta, evitando así a entrada de humidades. As obras mellorarán as condicións nas que se levan a cabo as actividades programadas no centro.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -