_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CULTURA
Cultura leva a seis parroquias do municipio a representación teatral “Temidas teimas” de Clámide

A Concellería de Cultura volve a programar por segundo ano consecutivo un ciclo de teatro para desenvolver nos centros socioculturais das parroquias do municipio. Como xa acontecera o ano pasado, as representacións correrán a cargo do Taller de Teatro Clámide, que para a ocasión porá en escena a obra “Temidas teimas”. Serán seis as funcións a realizar entre o 1 de xullo e o 23 de setembro. O Piñeiriño, Cornazo, Guillán, Fontecarmoa, Rubiáns e A Xunqueira serán os barrios e parroquias nos que fará escala o espectáculo.
26.05.2023.- Con este ciclo de teatro a Concellería que dirixe Sonia Outón persegue tres obxectivos principais: descentralizar a oferta cultural achegándoa ás zonas da periferia e do rural, tratar de captar novos públicos, así como dar a coñecer e potenciar aos creadores, grupos e colectivos que fan cultura na propia cidade. A maiores, con este tipo de iniciativas tamén se busca dinamizar a actividade sociocultural nas contornas onde é menos frecuente a celebración de espectáculos.

A xira de “Temidas teimas” comezará o sábado 1 de xullo no centro sociocultural do Piñeiriño e o día 9 dese mesmo mes continuará en Cornazo. Os veciños de Guillán poderán gozar desta comedia o 19 de agosto, e os de Fontecarmoa o día 26. As dúas últimas funcións terán lugar no mes de setembro. Serán a do centro sociocultural de Rubiáns, o día 2, e no Obradoiro Parroquial da Xunqueira, o 23.

Un tema serio abordado en clave de comedia
Para o ciclo itinerante, Clámide elixiu a obra “Temidas teimas”, unha adaptación da comedia “TOC TOC”, na que o dramaturgo francés Laurent Baffie abordou un tema difícil de tomar a broma: os trastornos obsesivos compulsivos. Foi todo un exemplo para chamar a atención sobre a importancia da saúde mental e para desestigmatizar ás persoas que as sofren.

Sinopse
Na consulta dun prestixioso psicólogo coincide un variopinto grupo de pacientes
con algo en común: todos sofren un Trastorno Obsesivo Compulsivo (TOC). Pero o seu médico non pode chegar a tempo, xa que o voo que o trae á consulta sufriu un inesperado retraso. Así, todos se ven na obriga de compartir unha espera que parece interminable. Lograrán estas persoas manter as súas manías e obsesións a raia? Chegará o doutor antes de que a cousa saia do testo?

A segunda formación teatral máis lonxeva de Galicia

O Taller de Teatro Clámide é unha das formacións culturais vilagarciás con maior soleira. Creado e en funcionamento dende o ano 1981, é o segundo grupo de teatro afeccionado en activo máis antigo de Galicia. Ao longo desta longa traxectoria, polas súas filas pasaron case 200 persoas e foi canteira de actores hoxe profesionais e moi coñecidos, como Josito Porto, Anabel Gago ou Manuel Millán.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -