_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Ábrese a venta individualizada de entradas para os concertos do Achégate ao Salón

A Concellería de Cultura lembra que o prazo habilitado para adquirir os bonos para os tres concertos matutinos do ciclo Achégate ao Salón remata hoxe. Os interesados aínda dispoñen ata a media noite para comprar os bonos ao prezo xeral de 25 euros, e bonificado para menores de 16 anos e persoas desempregadas, a15. A partir de mañá, 16 de febreiro, xa estarán á venta as entradas individualizadas para asistir aos concertos de Juno, Yoly Saa e Izaro. O prezo xeral é de 12 euros, e o bonificado, de 5. A compra pode facerse a través de http://www.ataquilla.com (máis gastos de xestión).
15.02.2024.- O ciclo desenvolverase entre os meses de febreiro e abril, cun concerto cada mes. Celebraranse os domingos pola mañá, ás 12.30 horas, no Salón García. O reducido aforo da emblemática sala permitirá gozar das actuacións nun ambiente íntimo, proporcionando unha maior interacción e proximidade entre público e intérpretes. Seguindo a liña das anteriores edicións, o cartel deste ano componse de tres artistas emerxentes que están despuntando moito, tanto a nivel galego como nacional.

Juno, 25 de febreiro

O programa comezará o 25 de febreiro coa actuación de Juno, o orixinal proxecto individual no que Zahara e Marti Perarnau experimentan coa música electrónica utilizando sintetizadores, caixas de ritmos e loopers para crear unha intimista distopía visual e sónica.

Yoly Saa, 10 de marzo

O domingo 10 de marzo será Yoly Saa quen suba ao escenario do Salón García para presentar o seu primeiro álbum completo “A Golpes de Fe” cun concerto acústico. Esta cantautora galega afincada en Madrid pasou de tocar no metro a publicar o seu primeiro traballo de estudo “Magma”, que a levou a posicionarse como un dos talentos emerxentes máis prometedores do país. Letrista para artistas consagradas como Luz Casal ou Malú, participou no programa de televisión “Dúos Increíbles” de TVE e é unha das cantantes seleccionadas para participar no Bedinorm Fest co tema “No se me olvida”. Ademais, vén de protagonizar unha actuación xunto con Andrés Suárez no programa “Un país para escucharlo”, presentado por Ariel Roth na 2 de TVE.

Izaro, 28 de abril

O ciclo péchase o 28 de abril co concerto acústico con banda completa que ofrecerá Izaro. Esta artista vasca desborda creatividade e exerce tanto de intérprete como de compositora, produtora artística, directora de arte de videoclips e documental. “Cerodenero” é o título do seu quinto disco, un traballo maduro no que xoga co pop, a música de raíz e a electrónica dende unha mirada contemporánea moi respectuosa co pasado.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -