_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Remata a obra de renovación da capa de rodadura da rúa Concepción Arenal

O Concello de Vilagarcía vén de concluír outra das obras incluídas no plan de mellora da rede viaria municipal, neste caso nunha vía da zona urbana. Trátase da rúa Concepción Arenal, cuxos traballos de renovación da capara de rodadura completáronse hai xa uns días co pintado final da sinalización viaria. A administración local investiu nesta actuación de mellora da mobilidade 21.422 euros.
28.02.2024.- A obra estaba xustificada polo mal estado no que se atopaba o firme da rúa que, debido ao paso do tempo, se atopaba moi deteriorado e presentaba numerosos desniveis e fochancas. Esta situación dificultaba o tránsito e propiciaba a creación de pozas cando chovía, coas conseguintes molestias para o tráfico rodado e tamén para os peóns.

Para solucionar esta problemática de forma duradeira decidiuse realizar unha actuación integral. Os traballos executados por Marconsa consistiron no fresado dos tramos do firme nos que era preciso actuar para manter o nivel da rúa. Posteriormente realizouse un varrido mecánico en toda a superficie da vía e a continuación procedeuse a botar unha nova capa de rodadura. Por último, eleváronse as tapas de rexistro dos distintos servizos para deixalas a nivel e pintáronse de novo as marcas de sinalización horizontal (vaos, pasos de peóns, liñas de aparcamentos…). O pintado levouse a cabo días despois de rematada a renovación do pavimento debido a que houbo que esperar a que parase de chover.

Esta non é a única actuación de mellora da rede viaria municipal levada a cabo nos últimos meses polo Concello en zona urbana. Neste tempo tamén se executaron a renovación do firme da Praza Doutor Carús e a mellora do pavimento da praciña situada tras o centro social do Ramal. Como no caso anterior, os traballos tamén se financiaron a través dos remanentes dos orzamentos do ano 2022, cuxa distribución se levou a cabo sen contar co apoio do PP no Pleno, circunstancia que o executivo local reprocha ao grupo da oposición criticando que “critican que non se acometan obras e logo non apoian o reparto dos fondos que permiten executalas”. 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -