_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello reúnese con costas e Tragsa para planificar e axilizar a erradicación do cadillo da Concha-Compostela

O concelleiro de Turismo, Álvaro Carou, reuniuse o martes co xefe do Servizo Provincial de Costas e responsables de Tragsa co obxectivo de planificar e axilizar a actuación para erradicar o cadillo da praia da Concha-Compostela. O encontro celebrado a instancias do goberno local tivo lugar ao día seguinte de que o Ministerio aprobase definitivamente o proxecto para o areal vilagarcián. Superado este trámite e contando cos tempos legais da contratación, os responsables de Costas fixaron o inicio dos traballos no mes de abril.
29.02.2024.- O edil aproveitou o encontro para trasladar o malestar do goberno local polo retraso que acumula a obra, que inicialmente estaba previsto comezar o pasado mes de novembro. Dada a nova previsión planteouse pospoñer a actuación ata despois do verán, posibilidade que o executivo local desbotou para evitar que a problemática sega medrando coa chegada do calor, cando volve a florecer o cadillo. Coa perspectiva do comezo no mes de abril, Carou demandou que se axilicen ao máximo os traballos co obxectivo de reducir o prazo de execución previsto no proxecto. Tanto o xefe provincial de Costas como os responsables de Tragsa en Galicia e o director de obra comprometéronse a que así se faría.

Con esta premisa aproveitouse para fixar as bases dun plan de traballo que, ademais de facilitar un rápido desenvolvemento das labores a acometer, as faga compatibles co uso lúdico do areal causando as mínimas molestias. Como solución, os técnicos propuxeron realizar as operacións por tramos de 200 metros, perfectamente acoutados e valados. Como xa se tiña dito, a intervención afectará só á zona seca da praia, polo que non afectará as concesións marisqueiras.

Acabar cos pinchos e mellorar a calidade da area

O proxecto que Costas do Estado se comprometeu a executar na praia da Concha-Compostela a raíz das xestión realizadas polo goberno de Alberto Valera ten dous obxectivos fundamentais: eliminar o cadillo e mellorar a calidade da area da praia urbana.

O principal é erradicar a molesta planta invasiva detectada hai xa uns anos é cuxas sementes, en forma de pincho estrelado, causan graves molestias aos usuarios do areal ao cravarse nos pés e calzado, nas rodas das bicicletas e tamén nas patas e fouciños dos cans.

Despois dos numerosos intentos levados a cabo sen éxito polo Concello e por Costas para combater esta vaga, e despois de comprobar que os pinchos se atopan na capa máis superficial do areal, nunha franxa de 30 centímetros de grosor, a solución aportada por Costas é retirar este estrato e soterralo en gabias de dous metros de profundidade. Antes de tapalo bombearíase auga salgada do mar para queimar as sementes e acelerar a súa morte.

Como nas catas realizadas no seu día detectouse que a area situada nas zonas máis profundas é de mellor calidade que a da superficie, aproveitarase a actuación para voltear o material, de xeito que os áridos máis finos sexan os que queden arriba.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -