_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Vilagarcía fai un chamamento á recuperar a senda da loita pola igualdade na presentación dos actos do 8M

O Concello de Vilagarcía presentou esta mañá a programación conmemorativa do 8M, momento que o goberno local e as técnicas do CIM aproveitaron para denunciar o retroceso nas políticas de Igualdade que se está vendo nalgunhas institucións e para facer un chamamento á recuperar a senda da loita pola equiparación entre mulleres e homes. En Vilagarcía os actos polo Día Internacional da Muller ábrense mañá, sábado 2 de marzo, coa celebración do Maratón Fotográfico e incluirán a proxección dunha película, a lectura do manifesto e unha obra de teatro a desenvolver ao longo da vindeira semana.
01.03.2024.- O Maratón Fotográfico pola Igualdade conta este ano coa participación de 31afeccionados, dos cales 8 son rapaces de idades comprendidas entre os 8 e os 13 anos. A proba comezará ás 10 horas dende o Auditorio e os concursantes disporán de prazo ata as 19.00 horas para tomar as fotografías dentro do ámbito xeográfico de Vilagarcía. Todos os participantes deberán pasar entre as 13.30 e as 14.30 horas polo punto de control situado na sede do Gato Negro en Carril. Entre as 19 e as 23.59 horas deberán presentar os traballos de forma telemática, enviándoos por correo electrónico segundo se recolle nas bases.

Na modalidade de adultos concederanse tres premios -un por cada unha das tres temáticas propostas-, dotado cada un deles con 200 euros en metálico. Na categoría infantil concederase un único premio consistente nunha cámara de fotos dixital deportiva.

A programación do 8M continuará o mércores 6 coa proxección da película “La empleada del mes”, unha comedia dirixida por Véronique Jadin que a Concellería programa coa colaboración do Cine Club Ádega. A sesión de cine terá lugar no Salón García a partir das 21 horas e a entrada é de balde.

O venres, o 8M, celebrarase o tradicional acto de lectura do manifesto elaborado polo Consello Local da Muller e aprobado por unanimidade polo Pleno da Corporación. Terá lugar na Praza de Ravella ás 12.00 do mediodía e contará coa intervención dun grupo de alumnos da Escola Municipal de Música Bernardo del Río, que interpretarán unhas pezas musicais.

A semana de actos pecharase o sábado 16 coa obra de teatro “Feminíssimas”, unha comedia negra con grandes doses de humor, ironía e complicidade da compañía De este xeito. A representación terá lugar no Salón García a partir das 20.30 horas. A entrada tamén é de balde.

Como é costume, a maiores desta semana de actos, a programación do 8M pecharase máis tarde coa entrega dos premios e a inauguración da exposición das fotografías participantes no Maratón Fotográfico. Será o 5 de abril na sala de exposicións do Auditorio e a mostra poderá visitarse ata finais dese mes.

O alcalde, Alberto Varela, comentou na presentación que, malia o que se podería pensar, a conmemoración do 8M é,en pleno 2024, “máis necesaria que nunca, en vista da involución que se está vendo dende hai uns anos como consecuencia da chegada ás institucións de determinados partidos contrarios á loita feminista e negacionistas da violencia machista”. Varela repasou os logros acadados nas dúas ultimas décadas, poñendo como exemplo o importante aumento da presenza de mulleres en cargos de responsabilidade política. “Hai 18 anos só había en Galicia 18 mulleres alcaldesas e agora temos 71. E nese tempo, o número de concelleiras incrementouse ata supoñer o 41% das corporacións locais”.

Malia todo, o rexedor insistiu en que toda a sociedade ten que implicarse na loita feminista para non perder o gañado ata o de agora e para conseguir unha igualdade efectiva entre homes e mulleres . “Por iso, aínda que a loita debémola facer os 365 días do ano, non está de máis celebrar o 8M”.

Pola súa banda, a tenente de alcalde e concelleira de Igualdade, Tania García, denunciou o xiro que deron as políticas de Igualdade da Deputación dende que a goberna o PP. “Pasamos da Deputación máis feminista da historia coa presidenta Carmela Silva, a unha Deputación que reduce as axudas para accións de igualdade dos Concellos e para as asociacións de mulleres; e que censura a catro mulleres activistas da provincia”. García lamentou que o PP local aprobe estas políticas e que no Pleno vote contra as emendas a unha moción dos populares presentadas polo grupo socialista para instar ao goberno do organismo provincial reverter estas medidas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -