_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A LIX Exposición Internacional da Camelia arranca mañá coa participación dunha trintena de cultivadores

A Praza da Peixería convértese esta fin de semana nun fermoso xardín con motivo da celebración da LIX Exposición Internacional da Camelia. O evento itinerante regresa este ano a Vilagarcía para render homenaxe á flor emblema das Rías Baixas e farao coa participación de 39 cultivadores do noroeste peninsular que durante o sábado e o domingo exporán na Praza da Peixería os exemplares máis fermosos e orixinais dos diferentes tipos de camelia que existen. A mostra abre as súas portas ás 18.30 horas co acto inaugural que presidirá o alcalde, Alberto Varela.
01.03.2024.- Cada expositor disporá dun espazo reservado para exhibir as súas flores cunha composición estética que eles mesmos se encargarán de realizar na mesma xornada do sábado, de xeito que as camelias se atopen frescas e poidan ser admiradas nas condicións idóneas.

Ao tratarse dun certame-concurso, un xurado composto por expertos na materia avaliará as flores individuais e por grupos e fallará os premios para as diferentes categorías: a Camelia de Ouro -que se concede ao concursante que presente o conxunto de flores máis destacado en canto á calidade dos exemplares- e o Premio Especial Antonio Odriozola -para a flor individual más destacada-. Tamén se concederán galardóns aos tres mellores lotes das catro variedades de camelia xapónica e outros tres premios aos mellores lotes de Camellia reticulata, híbridos e outras especies de camelia. Por último, daranse dous premios ás mellores representacións artísticas e o concursante máis destacado recibirá o Premio Especial da Sociedade Española da Camelia-SEC.
A Praza da Peixería volverá a abrir as súas portas o domingo. Ese día a mostra poderá visitarse entre as 10 da mañá as 9 da noite. E a entrega dos premios terá lugar ás 13.00 horas.

A flor representativa das Rías Baixas non só estará presente a Praza da Peixería. Durante a fin de semana a camelia tamén engalanará os escaparates dos nove establecementos comerciais e hostaleiros que participan no concurso de decoración convocado para continuar exaltando a flor para ambientar a cidade con esta temática. Os participantes son: Calzados Yosu, Contigo Audiópticas, INK Me, Village Bakery, Cocoe Moda, Arosa Casa, La Tetereta, Papelería Arines e La Vitrina Blanca. Neste caso concederanse tres premios con dotacións económicas de 500, 295 e 200 euros respectivamente.

Programación

Como complemento á Exposición Internacional, a Concellería de Cultura organizou outra serie de actividades en torno á camelia. Así, o sábado ás 20.00 horas celebrarase o concerto “Flores musicais” que a Banda de Música de Vilagarcía ofrecerá no Salón García con entrada libre e de balde. O domingo, no propio recinto da Peixería, realizarase unha cerimonia do té, coa correspondente degustación gratuíta para os asistentes. A entrada é libre ata completar aforo.
E ese mesmo día pola tarde terá lugar unha visita guiada aos Xardíns de Excelencia do Pazo de Rubiáns. A actividade é de balde, previa inscrición a través do correo camelia@vilagarcia.gal e ata cubrir prazas.

As actividades complétanse coa mostra itinerante “A Camelia, a flor das galegas e galegos” que se pode visitar na Praza da II República. Mediante varios paneis e a través de galegos e galegas representantes de diferentes sectores, a exposición permite coñecer a historia da flor orixinaria de Oriente e a súa introdución en Galicia, así como outros detalles sorprendentes da camelia, tanto dende o punto de vista científico e botánico, como dende a simboloxía que rodea a esta flor, pasando polas numerosas propiedades e aplicacións que ten en campos como a alimentación ou a cosmética.

Visita de escolares

A Exposición da Camelia, aínda terá unha escala máis. Será o luns pola mañá, coa visita que a partir das 10.30 horas realizarán ao recinto da Peixería un grupo de escolares dos colexios da Escardia, A Lomba e do Centro de Educación Especial.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -