_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
NOVAS TECNOLOXÍAS
O Concello pon en marcha un novo ciclo de inclusión e capacitación dixital, de carácter gratuíto e aberto a toda a cidadanía

Un ano máis, o Concello de Vilagarcía acaba de poñer en marcha os cursos de inclusión e capacitación dixital que tanto éxito tiveron en edicións anteriores. Como sempre, a formación ten carácter gratuíto e está aberta a toda a cidadanía, dende os que se achegan ás novas tecnoloxías por primeira vez ata os que queren profundar en programas e aplicacións que lle poden axudar no seu progreso profesional. Os cursos teñen unha duración de 15 a 30 horas.
07.03.2024. Aparte do extenso catálogo de minicursos, o programa está aberto ás suxestións dos propios usuarios, de xeito que si se propón unha nova materia e hai un número suficiente de persoas interesadas, se incluiría na oferta. Aqueles que desexen inscribirse poden facelo xa no CEMIT, o Centro para o Modernización e a Inclusión Tecnolóxica que funciona no antigo edificio do matadoiro na Lomba.

Na presentación do novo ciclo, o concelleiro de Formación, Álvaro Carou, subliñou que o CEMIT de Vilagarcía é un dos que máis oferta de formación ten en toda Galicia. O novo ciclo, indicou, comezará a vindeira semana e se estenderá ata o final de ano. Carou animou a toda a veciñanza a participar, pois as novas tecnoloxías son hoxe unha ferramenta indispensable para a vida diaria pero tamén para a busca de emprego ou a mellora das condicións laborais. Así, o ciclo está organizado en seis grandes apartados ou bloques: INCLUSIÓN DIXITAL (iniciación á informática e internet para adultos, xestión do correo electrónico, ciberseguridade, e móbiles e tablets); OFIMÁTICA EN SOFTWARE LIBRE (procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, bases de datos); ORIENTACIÓN AO EMPREGO (redes sociais e procura de emprego, apps e deseño dun perfil profesional; E-ADMINISTRACIÓN (uso do DNI-e e do certificado dixital, trámites electrónicos e sede electrónica do concello; CAPACITACIÓN AVANZADA EN FERRAMENTAS TIC (creación de webs, retoque fotográfico, o traballo na nube, canva básico, programación de dispositivos móbiles, e google apps; e OUTRAS ACCIÓNS FORMATIVAS (instalación e configuración das apps propias e administración dunha plataforma de teleformación con Moodle.

A inscrición pode realizarse presencialmente na Aula Cemit, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas. Cada curso pode acoller un máximo de 30 persoas. Unha vez cuberto o cupo é cando se establece que días e a que hora se desenvolven, dando así as maiores facilidades aos interesados.

No seguinte PDF pode descargar o políptico con toda a información, xeral do ciclo e particular de cada curso:
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -