_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A reforma do pavillón de Fontecarmoa entra na súa recta final, unha vez rematada a cuberta, que era a operación máis complexa

Malia as dificultades xurdidas, as obras de reforma integral no pavillón de deportes de Fontecarmoa xa entraron na súa recta final, unha vez rematada a cuberta, que inclúe a instalación dos sistemas de climatización. O goberno local, a vista dos informes técnicos que a xustifican, decidiu conceder unha prórroga de tres meses para a finalización das obras. En calquera caso, en xuño o "novo" pavillón será unha realidade, con tempo suficiente para acoller a organización do torneo de baloncesto EncestaRías e para planificar a vindeira tempada dos diversos equipos que teñen neste recinto o seu principal campo de adestramento e xogo en competicións federadas.
08.03.2024. A empresa Obras Gallaecia, SL, adxudicataria deste proxecto no que se están investindo dous millóns de euros, xustificou a prórroga en catro causas. A primeira, a aparición, durante as escavacións baixo a pista de xogos, de macizos de pedra granítica de gran dureza, o que obrigou a picar e demoler esa pedra a fin de facilitar a incorporación da nova solución de soleira illada e ventilada. A segunda, a necesidade de reforzar o forxado existente, no que se atopou unha deformación excesiva, mediante perfís metálicos; trátase de garantir o apoio para as grandes máquinas de aire acondicionado que van sobre a cuberta.

A terceira causa do atraso, non imputable nin á empresa nin ao concello, foi a tardanza en recibir o permiso para a retirada da vella cuberta, que pola súa idade contiña amianto, o que derivou en que boa parte da obra tivera que levarse a cabo entre novembro e decembro. E isto é do que se deriva a cuarta causa de alongamento do prazo: as inclemencias de auga e vento durante eses dous meses: ao impedir rematar a cuberta, tampouco podía avanzarse nas obras do interior.

Afortunadamente, a cuberta xa está rematada e os operarios e técnicos de Obras Gallaecia, SL xa están traballando arreo no interior das instalacións, coa confianza de que se non xurde ningún contratempo, en xuño as obras deberán estar listas.

O proxecto de reforma do principal pavillón de deportes da cidade ten unha cuádruple financiación: de fondos europeos, a través da Edusi "Vilagarcía Avanza"; da Xunta, a través da Secretaría xeral para o Deporte; da Deputación Provincial de Pontevedra, por medio do Plan Concellos; e das propias arcas municipais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -