_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
INFRAESTRUTURAS
O concello mantén as tarifas do parking Xoán XXIII mentres estuda novas fórmulas de bonificación para veciños e visitantes

A Xunta de Goberno acordou hoxe manter as tarifas vixentes no parking Xoán XXIII unha vez que o concello asuma a súa titularidade, e tamén a súa xestión, a partir do vindeiro día 25, cando, con presenza dos representantes legais de Proinsa, sexa asinada a acta de recepción. Con todo, manter as tarifas é unha medida provisional. O executivo quere revisala coa intención de introducir novas bonificacións que animen a veciños e visitantes a utilizar este aparcamento público.
11.03.2024. Facer gratuíta a primeira hora de uso é unha das medidas que se barallan, entre outras, como chegar a acordos coa asociación de comerciantes e hostaleiros Zona Aberta de xeito que se favorezan as compras nos seus locais. Pero para o seu establecemento hai que ter en conta aspectos administrativos e técnicos, de aí a necesidade de ratificar os prezos mentres se estudan fórmulas complementarias.

Na actualidade, o prezo por minuto é de 0,0183 € e a tarifa máxima por día de estancia, de 13,15 €. Ademais, existen abonos de 12 e 24 horas para 15 e 30 días. Así, o de 12 horas é de 43€ ou 57€ (dúas semanas ou un mes); e o de 24 horas, de 54 e 72€. Igualmente, se ofrecen abonos de 24 horas para todo mes na terceira planta por 67 euros, e dúas modalidades más de prezos reducidos, unha para o estacionamento de motocicletas (24 horas, 30 días, 36€) e outra para funcionarios (tamén 36 euros).

O parking ofrece 242 prazas, divididas en tres plantas (80+80+82). A intención do goberno de Alberto Varela, máis alá das reparacións que precise o inmoble, despois de anos de escaso mantemento por parte da concesionaria, é que o aparcamento teña máis movemento, pensando menos no rendemento económico e máis no social, posto que se trata un servizo municipal. De aí o estudo de fórmulas que permitan maiores bonificacións e tamén rotacións. Unha medida que ten que ver, así mesmo, co incremento do número de aparcamentos disuasorios e o interese na posible adquisición do parking da praza de España.

O informe sobre a valoración das reparacións do inmoble xa está feito e agora é Proinsa quen ten facerse cargo delas. No caso, probable, de que a actual concesionaria non as execute, a acta será asinada con "reparo á recepción satisfactoria". Desta maneira, unha vez que se entre na negociación sobre la valoración do inmoble e a propia concesión, que data de 2004, ese importe sería descontado da cantidade a abonar á empresa, de ser o caso. A non realización das obras ou a negociación futura en nada afectarán para que o vindeiro día 25 a propiedade do inmoble e o negocio sexan definitivamente de titularidade municipal.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -