_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O Concello reformará o pavillón de Carril para adecualo á celebración de eventos deportivos con asistencia de público

O Concello de Vilagarcía segue avanzando no plan de mellora das infraestruturas deportivas municipais programando novas actuacións. A seguinte obra a levar a cabo beneficiará ao pavillón de Carril, instalación que se dotará dos equipamentos necesarios para acoller eventos deportivos con asistencia de público. Con este obxectivo, a Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de reforma valorado en 35.162 euros e acordou solicitar á Deputación a inclusión deste investimento no plan Máis Provincia con cargo aos fondos que lle corresponden anualmente a Vilagarcía.
21.03.2024.- A actuación proxectada consiste na reforma dos vestiarios do pavillón, onde se habilitará un específico para árbitros. Tamén se construirá un aseo adaptado para uso do público asistente aos eventos deportivos e se ampliará o almacén ocupando unha zona do patio. A mellora inclúe a adaptación das instalacións de electricidade e fontanería ás novas necesidades e usos da infraestrutura e tamén se instalará un sistema de ventilación forzada.
As melloras non se limitarán ao interior, xa que o proxecto redactado polo Arquitecto Municipal tamén inclúe a substitución da cuberta da zona afectada pola reforma, é dicir, dos vestiarios, onde as láminas de fibrocemento cambiaranse por unha cobertura de panel “sandwich”.

Rematada a liña de vida para revisar a cuberta

Malia non tratarse dunha actuación de moita envergadura, o proxecto que se vai levar a cabo repercutirá de forma importante nos usuarios do pavillón, un público numeroso xa que, a maiores de acoller a actividade do club de balonmán e do de fútbol sala, dá servizo diario ao alumnado do colexio Rosalía de Castro.

Precisamente, para mellorar as condicións de uso das instalacións por parte de escolares e deportistas, e atendendo ás peticións realizadas por estes colectivos, o Concello traballa xa dende hai semanas na procura de solucións para as filtracións que sofre o pavillón. Como xa se anunciara, persoal técnico avaliará o estado da cuberta do edificio para determinar o alcance da problemática e concretar os traballos a realizar para poñerlle fin. A inspección realizarase nos vindeiros días, tras terse rematado a creación da necesaria “liña de vida” que permita aos operarios subir ao tellado e desprazarse por el con todas as garantías de seguridade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -