_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
O miradoiro de Xiabre gaña accesibilidade cunha senda de banzos no tramo final do camiño

Chegar ao miradoiro da cruz de Xiabre resulta máis doado co remate da actuación que vén de levar a cabo o Concello de Vilagarcía no marco da mellora e posta en valor dos recursos turísticos municipais. As persoas que desexen subir ata a plataforma con vistas á Ría de Arousa e parte do val do Salnés xa poden facelo con maior comodidade grazas á senda de banzos que se vén de construír nos últimos 300 metros do camiño a través do monte polo que se accede ao miradoiro.
23.03.2024.- O alcalde, Alberto Varela, e o Concelleiro de Turismo, Álvaro Carou, visitaron esta mañá a zona para comprobar a mellora na que a Concellería de Turismo investiu 48.000 euros dos fondos Next Generation.

O rexedor explicou que despois de inaugurado o espectacular miradoiro sobre a Ría, hai xa ano e medio, e tras as numerosas visitas que recibe a plataforma para gozar das excelentes panorámicas, foron bastantes as persoas que suxerían mellorar a accesibilidade, xa de por si complicada polo elevado desnivel que hai que salvar no case un quilómetro de camiño, e tamén polo abrupto do terreo, moi erosionado polas choivas e con pedra solta que engade dificultade.

Materiais respectuosos coa contorna

"Aínda que este paseo, polas súas características, evidentemente no é apto para todo tipo de públicos, trátase dun enclave turístico e natural moi interesante e que vale a pena visitar, polo que decidimos mellorar o acceso na medida do posible, de xeito que as persoas que se achegue ata aquí o poidan facer máis comodamente", apuntou Varela. Ao tratarse dun medio natural, a intervención tivo que ser sinxela e respectuosa ao máximo coa contorna, "por iso habilitouse esta especie de senda con banzos largos, construída integramente en madeira e xabre, materiais aconsellados na guía do Ministerio de Medio Ambiente".

Tamén co obxectivo de facilitar o acceso dos visitantes ata o miradoiro da cruz de Xiabre, o Concello instalou recentemente diversa sinalización informativa indicando o camiño a seguir dende a avenida Rosalía de Castro. Tamén se colocou un panel informativo no cruce onde os visitantes teñen que comezar o percorrido a pé. Nel indícanse datos como a lonxitude, a dificultade media-alta do percorrido e o desnivel a cubrir. Xa ao pé do miradoiro hai outro panel no que se ofrece información sobre os elementos naturais e paisaxísticos que se divisan dende a plataforma circular.

Tanto o alcalde como Álvaro Carou aproveitaron para invitar aos vilagarciáns e ás persoas que se achegan á cidade estes días a que se animen a visitar este enclave turístico -"sempre que a súa condición física llo pemita"- para gozar das espectaculares vistas que se ofrecen desde el e que "en días despexados como o de hoxe nos permiten ver toda a ría de Arousa, a desembocadura do Ulla, a illa de Cortegada e unha panorámica que abrangue dende Padrón ata as illas Cíes", explicou o edil de Turismo.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -