_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O Concello honrará a Helena Mariño no transcurso dunha Vilagarcía Basket Cup na que participan 1.900 deportistas de Galicia e norte peninsular

Coa Semana Santa chega tamén a Vilagarcía un dos torneos deportivos pioneiros na cidade, a Vilagarcía Basket Cup, que na súa XXVII edición volve a bater marcas ao contar coa participación de 157 equipos e 1.900 deportistas de clubs procedentes de Galicia e das comunidades do norte peninsular. Aproveitando esta gran festa do baloncesto, o Concello de Vilagarcía materializará a acordada homenaxe a Helena Mariño, incorporando o seu nome á cancha da rúa Castelao, que pasará a denominarse pavillón Castelao-Helena Mariño. O acto terá lugar o mércores 27, e o torneo desenvolverase os días 28, 29 e 30 de marzo.
25.03.2024.- Foi o propio alcalde, Alberto Varela o que anunciou a nova durante a presentación da VBC Helena Mariño que tivo lugar este mediodía no Concello. "Tiñamos pendente unha débea con vós -en relación aos directivos do CB- , que fostes os que xa hai uns anos me propuxerades este recoñecemento a unha persoa tan querida e que tanto fixo polo baloncesto en Vilagarcía. E despois de levalo e aprobalo no Pleno, cremos que o momento máis axeitado para facelo realidade era coincidindo con este torneo. Con isto, e con todo o noso cariño, o nome de Helena pasará a posteridade ligado sempre ao baloncesto", indicou.

O rexedor felicitou ao club organizado, o CB Vilagarcía, polo esforzo realizado ano tras ano por seguir medrando "e poñéndonolo cada vez máis difícil ao Concello para poder satisfacer a as necesidades que precisa un evento desta dimensión; algo do que, non obstante, nos alegramos moito, porque coa VBC e co memorial Miguel Ángel Estévez da pasada fin de semana, Vilagarcía énchese de vida e convértese en Semana Santa en berce do baloncesto base de toda España".

O presidente do CB, Alberto Blanco aportou datos tan relevantes como que a actual edición da VBC contará coa participación de 95 equipos das categorías infantil, cadete, júnior e sub 22, e con 62 de minibasket. Ademais de clubs das catro provincias galegas, asistirá unha nutrida representación de equipos de Asturias, Cantabria e Castela León. Para desenvolver a competición farase uso de 11 pavillóns, garantindo 12 horas continuadas de baloncesto o xoves e o venres santos, e 6 o sábado.

Malia ao importante número de instalacións deportivas coas que conta Vilagarcía, debido ao incremento de equipos participantes e ao hándicap de non poder utilizar este ano o pavillón número 1 de Fontecarmoa por atoparse en obras, a maiores das nove canchas vilagarciás (4 en Fexdega máis as do pavillón número 2 de Fontecarmoa, as do Castelao-Helena Mariño, do pavillón de Carril e das do Guillán e da Torre), a VBC disporá tamén dunha cancha en Cambados e outra en Vilanova.

O alcalde agradeceu aos municipios veciños a súa colaboración, ao igual que ao resto das institucións que aportan o seu grao de area para facer posible a celebración deste evento "que fai grande a Vilagarcía e tamén aos municipios da contorna".

Neste mesmo sentido afondou a concelleira de Deportes de Cambados, Noelia Gómez, quen agradeceu á VBC ter contado co seu municipio "para acoller un torneo que repercute positivamente en toda a comarca e que é un bo exemplo de que uníndonos gañamos todos, e de que o deporte non ten fronteiras nin ideoloxías".

"A VBC naceu e morrerá en Vilagarcía"

Independentemente da situación deste ano e de posibles colaboracións futuras, o presidente da VBC deixou claro que "a Vilagarcía Basket Cup naceu e morrerá en Vilagarcía, sen lugar a dúbida", e agradeceu o apoio incondicional que sempre se lle prestou dende o Concello, "que é o motor deste torneo e sen cuxa implicación non sería posible".

Actividade superior ao medio millón de euros

Alberto Blanco quixo poñer en relevo a importancia que a VBC ten como elemento dinamizador da economía da zona, tendo en conta os 1.900 deportistas que se aloxan en hoteis de Vilagarcía, Cesures, Caldas, Cambados, Vilanova, Meaño e Sanxenxo, e aos que hai que sumar os familiares que os soen acompañar aproveitando os festivos de Semana Santa. Blanco Vila referiuse ao estudo do Consello Superior de Deportes no que se apunta que "neste tipo de eventos de deporte base, cada xogador participante vai acompañado dunha media de 2,7 persoas que, botando a conta de que cada unha delas fai un gasto diario duns 65 euros, a VBC move en Vilagarcía e a súa contorna unha cifra moi superior ao medio millón de euros".

Antes de rematar, o presidente da VBC dedicou unhas palabras de agradecemento ao equipo de persoas que traballan durante meses para facer posible o torneo: Mariola, Sara, Erea, Benjamín, Álvaro e Quique; así como ao equipo de 50 voluntarios que estarán a pé de cancha os tres días para que todo salga a perfección.

Unha cancha dedicada a Pili Blanco

Ademais, o de Helena non será o único recoñecemento póstumo co que contará a VBC. Dun xeito especialmente sentido, o presidente do CB anunciou que unha cancha de Fontecarmoa levará o nome da súa irmá, Pili Blanco, "polo moito que fixo sempre por este torneo". Falecida hai apenas dous meses, con esta homenaxe, a que fora alma e líder do voluntariado da VBC volverá a estar presente no evento, esta vez, na memoria de todos os asistentes.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -