_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
A Vía Verde e a Ruta Mariñeira de Vilaxoán a Carril estrean en Semana Santa as respectivas bandeiras Sendeiro Azul

A Vía Verde do Salnés e a Ruta Mariñeira de Vilaxoán a Carril estrean en Semana Santa as bandeiras Sendeiro Azul coas que a asociación independente ADEAC distingue a calidade e a sostibilidade dos itinerarios recuperados como recursos para a interpretación ambiental e o goce da natureza. O alcalde, Alberto Varela, xunto co edil de Turismo, Álvaro Carou, e a tenente de alcalde, Tania García, foron os encargados de izar esta tarde os distintivos que sitúan a Vilagarcía na reducida lista dos 115 municipios de toda España que poden presumir de sendeiros azuis.
26.03.2024.- Desafiando a ameaza de chuvia, a bandeira da Ruta Mariñeira foi a primeira en izarse no Paseo Marítimo, á altura do parque infantil situado fronte ao hotel Carril. Minutos despois fíxose outro tanto na Vía Verde, cuxa bandeira ondea xa na área de descanso emprazada nas inmediacións do Pazo de Rubiáns. Neste ultimo caso, por tratarse dunha senda que, aproveitando o antigo trazado ferroviario, ademais de discorrer por Vilagarcía, atravesa terreos de Caldas e Portas, a senda contará tamén coas correspondentes bandeiras en solo destes dous concellos. Precisamente, a Vía Verde do Salnés, a primeira habilitada en terreo integramente galego, é tamén o primeiro itinerario de España galardoado pola ADEAC que discorre por tres municipios.

A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor creou en 2011 o programa de Sendeiro Azul co obxectivo de premiar a recuperación e posta en valor de sendeiros e itinerarios de todo el territorio nacional con base aos criterios e estándares de calidade establecidos pola FEE a nivel europeo. Para a concesión das bandeiras, a entidade sen ánimo de lucro valora a accesibilidade, a sinalética, o estado de conservación e os puntos de interese natural, paisaxístico, histórico ou etnográfico; aspectos todos eles que cumpren, a Vía Verde do Salnés e a Ruta Mariñeira de Vilaxoán a Carril.

16 quilómetros para coñecer o medio rural e o litoral vilagarciáns

Estes dous itinerarios suman un total de 16 quilómetros e medio de sendeiros peonís e cicloturistas convenientemente acondicionados e sinalizados para facilitar ao visitante o coñecemento da contorna e o goce dos atractivos dos lugares polos que discorren: a través do medio rural no caso da Vía Verde, e seguindo o litoral, no da Ruta Mariñeira.
O alcalde salientou que Vilagarcía teña obtido o distintivo de Sendeiro Azul para estes dous itinerarios á primeira vez que presenta candidatura, o que, ao seu entender, “avala a liña que estamos seguindo dende o goberno local nos últimos anos para poñer en valor con criterios de sostibilidade recursos turísticos e naturais que teñen un gran potencial e aos que non se lle estaban sacando rendemento”, lembrando, entre outras, a recente actuación de mellora de sinalización e mellora de accesibilidade no miradoiro de Xiabre.

Promoción e imaxe de marca

Ademais, Varela incidiu en que a obtención deste galardón, xunto coas bandeiras azuis que a ADEAC tamén concede ás praias que reúnen os requisitos medioambientais e de calidade dos seus servizos, “contribúen á promoción e á imaxe de marca de Vilagarcía en todo o territorio español”. Neste punto, o goberno local confía en que o areais da Compostela e do Campanario volvan ser recoñecidas tamén este ano cos panos azuis.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -