_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Remata a obra de renovación de 50 metros da tubaxe do saneamento na rúa Fondo da Vila

O Concello de Vilagarcía vén de completar a obra de mellora da rede municipal de saneamento na rúa Fondo da Vila, en Trabanca Sardiñeira, onde a antigüidade da instalación orixinaba constantes avarías e os conseguintes prexuízos para a veciñanza. Para resolver esta problemática, o goberno local investiu 17.800 euros.
30.03.2023.- Os traballos executados pola firma Galsur Proyectos y Obras consistiron na renovación da tubaxe do servizo de augas residuais nun tramo de 50 metros. A vella canalización de fibrocemento mudouse por outra de PVC, material máis duradeiro e resistente ás presións por afundimento do terreo. A obra incluíu tamén a renovación dos pozos da rede e o acondicionamento final do pavimento, que se fresou e asfaltou para deixar a vía en perfectas condicións para o tránsito.

A obra da rúa Fondo de Vila é a segunda en materia de saneamento que se executa en Trabanca Sardiñeira nos últimos meses. Hai unhas semanas completouse un proxecto valorado en 76.000 euros na rúa Quinteiro. Neste caso, ademais da renovación das canalizacións de residuais, tamén se instalaron sistemas de drenaxe e recollida de pluviais para evitar a acumulación de auga na superficie da vía. A intervención, ademais de mellorar a calidade da prestación dos servizos que discorren baixo terra, tamén supuxo un importante cambio estético na zona, que se acondicionou cunha pavimentación combinada de formigón armado e adoquíns cerámicos.
 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -