_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Os campamentos infantís de verán disporán de 70 prazas con opción a comedor e Plan Madruga

A Concellería de Xuventude abre este xoves, 4 de abril, o prazo de inscrición nos Campamentos Urbanos de Verán a desenvolver entre o 1 de xullo e o 14 de agosto. Dirixidos a nenos e nenas de entre 3 e 7 anos de idade, o programa socio educativo e de conciliación familiar ofertará 70 prazas con opción a Plan Madruga e servizo de comedor. A participación nos campamentos ten un custe xeral de 45 euros por quincena e 5 por día de comedor, tarifas que poden reducirse á metade ou incluso ser de balde en función da situación económica e familiar dos usuarios. A inscrición péchase o 12 de abril.
30.03.2024.- Os Campamentos Urbanos están dirixidos a nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2020 empadroados en Vilagarcía. Dado o obxectivo de conciliación que ten o programa, un dos requisitos de obrigado cumprimento para poder participar é que os proxenitores (ou proxenitor en caso de familias monoparentais) teñan actividade laboral ou participen nun proceso de formación regrado ou oficial no horario de desenvolvemento do servizo. Tamén poderán optar aos campamentos nenos e nenas que non estean empadroados pero cuxos pais demostren documentalmente que desempeñan a súa actividade laboral en Vilagarcía.

O programa prestarase nas instalacións do colexio Arealonga, de luns a venres e cun horario de 9 a 14 horas que se prolonga ata as 15 horas para os usuarios do comedor. As familias que precisen do Plan Madruga deberán facelo constar na inscrición, o que lles permitirá deixar aos nenos e nenas entre as 8 e as 9 da mañá.

Co obxecto de que as familias poidan axustar o mellor posible as súas obrigas e descansos laborais co período vacacional dos escolares, poderán optar por levalos aos campamentos o mes e medio completo, ou elixir a opción mensual ou quincenal. A cota a pagar é proporcional ao período, establecéndose un máximo de 45 euros por quincena (90 por mes completo e 135 por todo o período). O prezo por facer uso do comedor é de 5 euros por usuario e día.

Tanto á tarifa do campamento como á do comedor aplicaranse ás reducións que correspondan en relación as bonificacións previstas en función da situación económica (renta per cápita referenciada no IPREM) e familiar dos usuarios (familias numerosas, por segundo fillo usuario no servizos, etc..), chegando incluso ata a gratuidade.

As prazas dispoñibles adxudicaranse en base á puntuación obtida na baremación e tendo en conta que hai unha reserva previa do 25% para familias usuarias dos Servizos Sociais municipais, e que terán acceso directo aos campamentos os fillos de nais que se atopen en situación de violencia de xénero.

Os criterios e baremos a aplicar especifícanse nas bases que regulan a prestación do servizo e que se poden consultar no taboleiro de anuncios da web municipal ( http://www.vilagarcia.gal ) ou da sede electrónica do Concello (sede.vilagarcia.gal). Nestes mesmos espazos están dispoñibles os formularios de inscrición.

A solicitude de praza nos campamentos de verán pode presentarse de forma online, a través da sede electrónica, ou presencialmente, no Rexistro Xeral do Concello. Xunto co formulario debidamente cuberto deberá achegarse a documentación que se indica nas bases. A lista provisional de admitidos publicarase o 5 de xuño e, tras habilitar un prazo para a posible subsanación de documentos e reclamacións, a listaxe definitiva darase a coñecer o 25 de xuño.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -